venres, 31 de decembro de 2021

BO REMATE DE ANO

 Deséxovos que neste novo ano que ven sigamos practicando a lectura como un billete para poder ir a outros lugares que poidamos visitar. 


Vémonos na nova biblio!!!! 
Boa entrada ao 2022


martes, 21 de decembro de 2021

BO NADAL

Biblispín xunto co equipo de biblioteca querevos desexar un bo nadal, neste trimestre que remata queremos dar as grazas aos profes pola axuda que tivemos para facer unha gran mudanza.

Valorar o gran cambio que a nósa biblio esta a experimentar cambios  a un novo espazo, por unha parte danos moita pena xa que o espazo que ocupabamos antes era onde estivo sempre dende que comezou o centro, pero é un momento de cambio e novas aventuras lectoras. 

Creemos que neste 50 aniversario do cole unha das mellores formas de celebralo e dandolle a importancia a biblio neste novo espazo e comezando esta nova andadura maker e espazo de encontro. 

O 2022 traeranos moitas e diferentes actividades, pero para facer a espera máis rápida deixamosvos as nosas recomendacións lectoras. 




VISITAS ESPECIAIS

 Hoxe dende a biblioteca e o cole démoslle a palabra a: 

PAPA NOEL 

Como portámonos moi ben veu a agasallarnos cun regalo moi especial e traernos caramelos. Velaqui deixamosvós algunhas fotos do encontro con el e o agasallo da biblio: 

























BO NADAL PARA TOD@S!!!

CONCURSO LITERARIO

O Equipo de Dinamización da Lingua Galega xunto coa biblioteca propóñennos un concurso literario para o día das letras galegas 2021, velaiqui as bases do concurso: 




luns, 20 de decembro de 2021

LAURA VÁZQUEZ

 A biblioteca e Biblispín xunto co equipo de CONVIVE déronlle a palabra Judoca: 

                           LAURA VÁZQUEZ

Tivemos a gran sorte de que Laura viñera a inaugurar a súa pista, isto esta englobado no contrato programa CONVIVE no que as diferentes pistas do colexio levan o nome de deportistas galegas femininas. 



Laura xunto co noso profe de 3º e compañeiro Miguel Romero fixéronnos unha gran demostración. Destacar que é un campión galego nesta ensinanza e encantóunos que nos ensinara un pouco máis sobre este deporte. 




Destapou a súa placa ao carón da porta da entrada, o cal fíxolle moita ilusión xa que era o seu primeiro recoñecemento público como deportista 




Para rematar o acto tanto Laura como Miguel asinaron o nóso libro de visitas da biblio para que non nos esquezamos da súa visita



Queremos darlle as grazas ao profe Miguel por traernos a esta gran deportista e a él por ensinarnos a súa arte no Judo.


Noraboa Laura por este recoñecemento que será o primeiro de moitos. 

Moitas grazas pola túa cercanía e ensinanzas!!


xoves, 16 de decembro de 2021

SUSANA RODRÍGUEZ

 A biblioteca e Biblispín xunto co equipo de CONVIVE déronlle a palabra a campiona paralímpica: 

SUSANA RODRÍGUEZ GACIO 

Tivemos a gran sorte de que Susana viñera a inaugurar a súa pista, isto esta englobado no contrato programa CONVIVE no que as diferentes pistas do colexio levan o nome de deportistas galegas femininas. 

Primeiro tivemos unha charla para os alumnos de 4º, 5º e 6º explicándonos que é o albinismo, como son os seu adestramentos diarios para conseguer os seus obxectivos e tivemos a gran sorte de que nos trouxo a súa medalla de ouro. 

                          

A continuación na Pista sur do colexio inagurou a súa placa que agora chámase: 

 Pista Susana Rodríguez

Por útlimo pasou polas clases dos máis pequenos para ensinarlles a súa medalla olímpica. 


Antes de marchar asinounos o libro de visitas da nósa biblioteca deixándonos unha agarimosa adicatoria


Destacar que esta visita non sería posible sen a axuda da nósa profe Rosa, que coñece moi ben a Susana e invitouna a vir o cal agradecémoslle moito. 

Grazas Susana pola túa visita e as túas ensinanzas foi un auténtico placer. 

venres, 10 de decembro de 2021

O MONTE É VIDA

 Hoxe Biblispín e a biblioteca xunto co contrato programa EDU SOSTENIBILIDADE deron a palabra a ... 

RICARDO AXENTE MEEDIOAMBIENTAL

Ensinounos moitas cousas entre outras as maravillas que a natureza nos da como son rochas en forma de seta, de monxe, de mono, de cocodrilo, de moucho...

Visualizaron incendios que hai constantemente en Galicia (sobre todo no verán), e quedaron impactados.


Ao rematar a charla non se esqueceu da biblioteca e deixounos para consultar dous libros titulados:


"O PASTOR DAS LANDRAS", que conta a historia dun pastor que tras unha guerra decidiu sementar o monte.






xoves, 9 de decembro de 2021

ESTAMOS INQUEDOS PERO LISTOS

 A nósa biblioteca esta lista para a chegada do: 

NADAL!!!! 

Velaqui algúns libros para comenzar a festexar lendo:




venres, 3 de decembro de 2021

3 DE DECEMBRO DIA DAS PERSOAS CON DISCAPACIDADES

 Hoxe celebramos o día das persoas con discapacidade, Biblispín xunto co Departamento de Orientación quixemos conmemorar este día, cunha selección de contos e un gran mural con frases para que sabaimos que este día non é o día das discapacidades senon que é o día das capacidades. 

Debemos lembrar: 

A dis-capacidade é a capacidade de ser extremadamente capaz!








martes, 30 de novembro de 2021

ACTIVIDADE DO MES DA CIENCIA EN GALEGO

Con motivo do mes da ciencia en galego e aproveitando o acontecemento do volcán da Palma os nenos investigaron como é un volcan, como erupciona e como e por dentro a través da aplicación en 3D Kieber.







Desfrutamos e aprendemos moito sobre os volcáns!!!!


xoves, 25 de novembro de 2021

COÑECEMOS CONMEMORACIÓNS A TRAVÉS DE CONTOS

Biblispín, a nosa mascota da biblioteca quixo dicir ben alto e claro que o noso cole rexeita todo tipo de violencia que se poida producir. Polo que xunto co equipo de CONVIVE fixemos unha manifestación berrando moi alto: 

 VIOLENCIA NON!!! ou DANIELA PIRATA CAPITANA DO BARCO DE ORELLA CORTADA!!!

Queremos destacar o seguinte fragmento que temos no blogue de bibliotecas escolares: 

O #25N non é unha celebración, é unha data a borrar do noso calendario e imaxinario, pero até entón queda moito por facer, moitos muros por derrubar, non podemos, nin debemos, permitir un paso atrás. 








 

venres, 12 de novembro de 2021

NOVA AVENTURA NA BIBLIO

 Neste curso o alumnado de 6º A e 6ºB serán os primeiros en levar as novas mochilas lectoras. Biblispín preparaou con moito agarimo e espera que vos guste moito. 

Bicos picóns 





xoves, 11 de novembro de 2021

MAGOSTO

 Magosto tempo de castañas asadas e viño co mel e dende o equipo de dinamización da lingua galega propuxéronnos facer unhas mándalas, velaiqui os resultados: 





venres, 5 de novembro de 2021

PREMIOS DESEÑA A TÚA BIBLIO

 Hoxe tivo lugar a entrega de premios os gañadores do concurso "Deseña a túa biblio". Elixir a estes gañadores foi unha decisión moi difícil polo gran nivel dos concursantes. 

Noraboa a tod@s!!!! Podedes ver o nome dos gañadores na páxina web do cole!





martes, 2 de novembro de 2021

SAMAÍN/ HALLOWEEN

 Nestas datas celebrase a festa do Samaín e Halloween e dende o Equipo de plurilingüismo propuxeron a decoración das portas das aulas e a nosa biblioteca non ia ser menos, polo que aquí o resultado, que vos parece?




luns, 1 de novembro de 2021

A NOSA BIBLIO PREPÁRASE PARA O MES DA CIENCIA

 A nosa biblioteca decorouse enteira con libros e demáis elementos para engalonar un mes tan importante. Que queremos resaltar cunha cita do científico:

Galileo Galilei que di: "En cuestións de ciencia, a autoridade de miles non vale o humilde razoamento dun simple individuo"

DESFRUTADE DA CIENCIA TANTO COMA MIN!!! 













MES DA CIENCIA EN GALEGO



 

MES DA CIENCIA

Mes de novembro, mes da ciencia, mes de moitas sorpresas por parte de biblispín. 

Estamos inquedos!!! 




E temos a sorte de que esta viaxe (a científica) se poida facer dende as bibliotecas, que non só acollen libros e outros materiais, senón que tamén acollen descubrimentos e camiños de aprendizaxe, cos éxitos e tamén os fracasos da ciencia e da tecnoloxía, porque cometer erros tamén é aprender. 

Amparo Alonso Betanzos

mércores, 27 de outubro de 2021

SAMAÍN NA BIBLIO

 Durante esta semana celebramos Samaín e Biblispín fíxonos unha selección de libros terroríficos para que leeremos durante estos días.