mércores, 25 de abril de 2012

MOITAS GRAZAS,FINA!!


O luns 23 e o martes 24 os nenos e nenas do “Javier Sensat”para celebrar o Día  do libro recibiron a visita da escritora  FINA CASALDERREY
Durante 60 minutos, a escritora respondeu as numerosas preguntas que lle foron facendo os alumnos sobre os seus libros, os personaxes, as cousas nas que se inspira, a idade na que empezou a escribir,os libros que lle gustaban cando era nena,...
A escritora foilles contando moitas vivencias, que tiveron prendida a súa atención, fíxonos rir, sorrir, e mesmo emocionarse.
Foi unha experiencia inesquecible, e agradecemoslle moito a súa presencia. E ao final asinounos os libros.

mércores, 11 de abril de 2012

DÍA DO LIBRO

O día 23 de abril celébrase O DÍA DO LIBRO, dende a Biblioteca escolar do CEIP Javier Sensat queremos celebralo de xeito moi especial: coa gran escritora galega FINA CASALDERREY que estará os días 23 e 24 no noso cole e asinará os seus libros que traballamos durante todo este curso. BENBIDA FINA!

Retrato de FINA CASALDERREY feito por FINA FERNÁNDEZ(profesora do CEIP"Javier Sensat")