venres, 22 de decembro de 2023

INSTRUCCIÓNS AUDIO LIBROS ALUMNADO DE 6º

 


Si lo hacéis con AUDACITY acordaros al acabar exportar el archivo a MP3, como se ve en la foto. 

xoves, 21 de decembro de 2023

BO NADAL

 

GAÑADORES DA BATALLA DE GENIOS

 NORABOA A VEGA E BIANCA. AS NOSAS GAÑADORAS DO TORNEO DA BATALLA DE GENIO. 


domingo, 17 de decembro de 2023

sábado, 16 de decembro de 2023

ESTAMOS DE NORABOA!!

 Este curso comezamos a formar parte de duas novas convocatorias das Bibliotecas Escolares: 


martes, 12 de decembro de 2023

TRIPTICO DE NADAL

 CLICADE NA IMAXE PARA VER AS RECOMENDACIÓNS LECTORAS!!! 


BATALLA DE GENIOS




 

martes, 5 de decembro de 2023

PRIMEIRA BATALLA DE GENIOS

 Velaiquí o primeiro torneo de "Batalla de Genios" nas que o alumnado estivo facendo diferentes retos entre eles!! 

Biblispín está esperando ver quen será o gañador destas batallas.

Moita sorte a todos!!! 








luns, 4 de decembro de 2023

A SORPRESA DE BIBLISPÍN

 O luns cando chegamos a escola Biblispín na fin de semana había feito unha árbore navideña, pero quería que o axudásemos porque non foi quen de rematala. 


Polo que os nenos de EI 5 anos coa axuda de Tere e Maribel puxéronse mans a obra para facer unha árbore navideña. 
















Velaiquí o resultado despois de toda unha mañan de arduo traballo. 

Noraboa rapaces!!! 

domingo, 3 de decembro de 2023

mércores, 29 de novembro de 2023

ATA SEMPRE MESTRE!!!

 O pasado luns tivemos a triste nova de que nos deixara para sempre Miguel Ángel López González, popularmente coñecido como O Hematocrítico do Arte.


Os seus libros perdurarán no tempo. Na nosa biblioteca haberá sempre un oco especial  para eles.



luns, 27 de novembro de 2023

25-N NO SENSAT

Ao longo de esta semana estivemos traballando diferentes tipos de libroS sobre o 25-N


Fixemos un mural reivindicativo onde dixemos:
 NON É NON! 


e NA MEGAFONÍA SOARON CANCIÓNS SOBRE O 25-N


domingo, 26 de novembro de 2023

EXPOSITOR DO MES DA CIENCIA

 O 1 de novembro na última planta do cole Biblispín fixo un laboratorio creativo, para conmemorar o mes da ciencia en galego. 

Nel puxo diferentes tubos de decantación e materiais de laboratorio que había no cole cando existía o ciclo superior da EXB e usábanse estes materiais. 

Hai diferentes libros do apartado 5 da CDU que abrangue todo o relativo as Ciencias. Trouxo diferentes libros de textos nos que fai un repaso dende a EXB ata actualidade como as ciencias eran: Ciencias Naturais, Ciencias Sociais, Coñecemento do medio... 

Os alumnos de sexto para decoralo estiveron investigando sobre diferentes mulleres científicas e o expuseron na biblioteca do cole. Fixeron uns traballos impresionantes como pódese ver nas fotos.

Velaiquí o resultado foi un mes fantástico sobre todo un mes moi científico!!!!!  








sábado, 25 de novembro de 2023

25 N: UN POUCO DE HISTORIA

 Para entender a historia do 25 N remontámonos un século atrás, o século XX falando da historia das irmás Mirabal: 

Minerva, Patria y Maria Teresa eran 3 hermanas de la República Dominicana. Estas tres hermanas luchadoras  vivieron en una época de represión y se hicieron llamar las 3 mariposas. Lucharon por conseguir igualdad y más derechos para las mujeres y esto les costó su libertad. Fueron encarceladas y el 25 de noviembre de 1960 asesinadas. Naciones Unidas declaró este día com el Día Internacional de la Eliminación de la Violencia contra la Mujer.

No seguinte vídeo tendes un breve resumo da historia destas loitadoras. 



No colexio esta semana faremos unha actividade para erradicar este tipo de violencia, xa que como escribimos cada ano, gustaríanos que esta data borrárase do calendario sendo sinal de que a violencia contra a muller desapareceu das nosa vidas. 


25 N CON V DE VIÑETAS (NON VIOLENCIA)


Imaxe da biblioteca Safo do IES Espiñeira de Boiro.


 Fíxome dano.

 
Non foi a miña culpa.
 
Non vou deixar 
que iso
me mate.
 
Podo crecer.
 
Halse Anderson, Laurie e Carrol, Emily. (2018). cuéntalo. Ediciones La cúpula 
 



As bibliotecas escolares son espazos privilexiados para traballar valores democráticos, de igualdade e cidadanía, espazos únicos para a aprendizaxe da convivencia.
 
O 25 de novembro é unha data do calendario civil que as bibliotecas escolares integraron nas súas programacións porque cómpre unha chamada de atención fronte a actitudes larvadas  de violencia contra as nenas e as mulleres (con presenza nas relacións sociais, na publicidade ou en moitos produtos audiovisuais), que f  ixan valores contrarios á igualdade.
 
Un curso máis, seguimos necesitando accións para denunciar a violencia sistémica contra  as mulleres e as violencias cotiás exercidas contra nenas, mozas e mulleres de toda idade e condición en distintos espazos e ámbitos, tanto privados como públicos. Desde a ONU alertan de que "a violencia contra as mulleres e as nenas segue sendo unha das violacións dos dereitos humanos máis estendidas e xeneralizadas do mundo.

Calcúlase que, a nivel global, 736 millóns de mulleres -case una de cada tres- foron vítimas de violencia física e/o sexual polo menos unha vez na súa vida.

Trátase dunha secuela que se intensificou en diferentes contornas, incluídos o lugar de traballo e os espazos en liña, e viuse agravada polos efectos pospandemia, os conflitos e o cambio climático.
A solución radica en gran parte en respostas sólidas que invistan na prevención."
 
O #25N non é unha celebración, é unha data a borrar do noso calendario e imaxinario, pero até entón queda moito por facer, moitos muros por derrubar, non podemos, nin debemos, permitir un paso atrás. 


venres, 24 de novembro de 2023