luns, 31 de xaneiro de 2022

DÍA DA PAZ

 Cada 30 de xaneiro conmemorase o Día da Paz e a non violencia escolar, como este ano concidiu en domingo celebrámolo hoxe. Velaiquí o resultado do gran mural que adorna a nosa corcheira!!!





Como decía Ghandi:  No hay camino para la paz, la paz es el camino.


COMEZAN AS NOVIDADES

 Novo espazo, novos tempos, novas novidades, novos momentos para compartir. 

DESFRUTADE!!!




domingo, 30 de xaneiro de 2022

DÍA DA ILUSTRACIÓN

Deixamosvos esta imaxe sobre o día da ilustración que ten como referente a Castelao: 



Cada 30 de xaneiro, coincidindo co día do nacemento de Castelao, celébrase o Día da Ilustración. Esta é unha iniciativa da Consellería de Cultura, Educación e Universidade en colaboración coa Asociación de Profesionais da Ilustración. Unha data que serve para reivindicar o papel dos profesionais do mundo da ilustración homenaxeando a un ilustrador ou ilustradora histórico galego. Este ano o protagonista é Reimundo Patiño pintor, gravador e autor de BD. "Pioneiro da arte contemporánea galega."
 
 
Unha ocasión para traballar e reivindicar desde as bibliotecas escolares a historia da ilustración galega que non deixa de ser memoria do noso país. Para achegarnos ao valor propio das imaxes  máis aló dun complemento da escrita.

Bibliotecas Escolares de Galicia


xoves, 27 de xaneiro de 2022

FORMACIÓN DE USUARIOS

 Os membros do Equipo de biblio coa axuda de Biblispín fixeron a formación de usuarios para que os nenos coñecesen o espazo. Aquí quedan unhas fotos de como foi o proceso ao longo destes días. 

Desfrutade moito!!! 
















luns, 10 de xaneiro de 2022

COMEZAMOS UNHA NOVA ANDAINA

Estamos de noraboa, abriu a nova biblio!!!!!! 

Velaiquí vos deixamos como está todo distribuido, esperemos que a disfrutades tanto coma nós preparando cada detalle!!