mércores, 26 de xuño de 2019

Estadística de Empréstito 2018-2019


O grupo do colexio que máis leu, foi o de 5º de Ed. Primaria. Parabéns! Quen será/n o/os que máis lean o vindeiro curso? E en galego/inglés?...


Día do Libro
Celebrámolo coa actividade de padriños e madriñas. Os maiores contáronlles un conto aos máis pequenos, que logo tiñan que ilustrar coa parte do conto ou o personaxe que máis lles gustou. Como novidade este ano, contáronse contos tamén en Inglés, xa que somos plurilingües…
Como chovía, a actividade desenvolveuse nos corredores do colexio, no patio das casiñas e no ximnasio. Foi un éxito!


Este foi o Tríptico de lecturas recomendadas para o Nadal.
 

Día de Rosalía
Recitado de poemas da autora galega, entre outros “Maio longo” e “Adiós ríos, adiós fontes”. 

O Nadal na Biblioteca 2018-2019
Con libros de expurgo, fíxose unha árbore de Nadal. Decorouse con luces de cores e coroouse cunha lámpada feita con vasos de refugallo.


1º Concurso de Fotografía 
Por primeira vez no colexio fixemos un concurso de fotografía. 
O alumnado tiña que tomar unha foto na que saísen eles nun entorno de Nadal lendo un libro. A maiores tiñan que explicar por que se fixo esa foto nese lugar.
Valorouse a orixinalidade, a calidade da fotografía, e a explicación dada.
Houbo moita participación. Aproveitouse a ocasión para traballar contidos relacionados coa arte, expuxéronse nos corredores o que axudou tamén á decoración de Nadal no centro.
Estes foron os gañadores:

Día das Bibliotecas Escolares
Para conmemorar esta data, dende a Biblioteca do centro propúxose facer promoción dalgúns títulos dos que dispoñemos no colexio. 
Parte do alumnado tiña que escoller un libro que recomendaría ler ao resto do alumnado e para iso tiña que facer un video curto que motivase aos demáis á lectura ( https://vimeo.com/user87012106 ).
Esta actividade foi relacionada co lema do colexio “un curso de película”, polo que se fixo un visionado dos mesmos para todo o colexio no salón de actos. 
Aquí están algúns exemplos que podedes atopar en Vimeo.