domingo, 18 de decembro de 2016

Entrega dos carnés Meiga

         Na semana do 21 ó 25 do pasado mes de novembro, tivemos o acto de entrega dos carnés do noso alumnado. Cada grupo foi pasando pola Biblioteca Biblispín e, xunto cos membros do Equipo de Biblioteca, se fixo entrega de ditos carnés. A partires de agora, o préstamo se fará a través do Programa Meiga, un sistema máis rápido e práctico.
         Así foi...Mirade qué cariñas de ledicia!..

venres, 4 de novembro de 2016

Día das Bibliotecas Escolares. 24 de outubro de 2016


O pasado luns 24 de outubro celebramos no colexio o Día das Bibliotecas Escolares.
Pediúselle aos nenos e nenas, dende os máis pequeniños ata os maiores, que elaboraran un "lapbook" cun tema relacionado co lema "Territorio das Artes" proposto para este curso dende Bibliotecas Escolares de Galicia. Nel inclúense: o filme, a pintura, a literatura, a música, a arquitectura, a banda deseñada...
Ao longo da mañá, foron pasando pola Biblioteca Biblispín para ver todos os traballos dos compañeiros e compañeiras.
Este foi o resultado, mirade que estupendos traballos!
Grazas por participar!


venres, 21 de outubro de 2016

                  Comezamos un novo curso

Comezada xa a actividade escolar 2.016/17), a biblioteca escolar bota a andar coas primeiras actividades.
Este ano imos viaxar para ver , vivir e descubrir moitísimas cousas ,lugares e experienzas co  tema núcleo  do colexio "As nosas rías"
Aquí vos deixamos o calendario da Biblioteca


mércores, 29 de xuño de 2016

BO VERÁN

A BIBLIOTECA ESCOLAR do CEIP “Javier Sensat” pechará as portas durante o verán e BIBLISPÍN quere animádevos a ler moito e entrar no marabilloso mundo da imaxinación

         BO VERÁN A TODOS/AS
Remata o curso escolar e as bibliotecas escolares galegas  comezan a difundir as súas recomendacións de lectura para este tempo de verán con títulos para toda a familia. Se alguén anda despistado e non sabe que ler, unha ollada a estas "guías de lectura" e poderá acudir a bibliotecas ou librarías cun bo feixe de recomendacións tanto de lectura como de música, cine, espazos web... Os profesionais das bibliotecas escolares axudando a construír sociedade lectora.  Velaquí algúns exemplos: 
         GUÍAS DE LECTURA 2016

venres, 22 de abril de 2016

DÍA DO LIBRO

DÍA DO LIBRO

Día do Libro (tamén denominado Día Internacional do Libro e Día Mundial do libro) é un acontecemento anual que se celebra o 23 de abril. A festa celebrouse por primeira en  1995UNESCO)  coa idea de fomentar a lectura, a edición e publicacións impresas e os dereitos de autor.

En España a xornada comezouse a celebrar oficialmente o 7 de outubro de 1926, en conmemoración do nacemento de Miguel de Cervantes Saavedra

Para celebrar este gran día (O celebramos o 22 no cole) fixemos coa axuda e colaboración dos nenos/as e as súas familias unha bonita exposición "O MEU LIBRO FAVORITO"cos lombos dos libros que coloraron ó londo do día nunha gran estantería,eso si feitos na casa totalmente artesáns

No JAVIER SENSAT temos a tradición de celebrar este día coa actividade" PADRIÑOS E MADRIÑAS".




Os alumnos/as maiores do Centro apadriñaron os pequenos lendo un conto elixindo libremente aquel lugar máis apetecible do exterior do cole disfrutaron dunha agradable e agarimosa experiencia na que se compartiron lecturas, agasallos,debuxos...
O resultado foi moi positivotanto por parte dos padriños/as ,afillados/as e por suposto para os mestres/as. 

mércores, 6 de abril de 2016

SEMANA DA PRENSA



Do día 14 ó 18 de Marzo do 2016 celebramos a Semana da prensa no Javier Sensat co Número 5 do Noso DIARIO DECANO DA PRENSA ESCOLAR coas noticias que elaborou cada curso

XORNAL JAVIER SENSAT

 Este ano a todo color!Non

 paran de ler!


O día 17 contamos coa

colaboración de LUIS DAVILA

 Disfrutamos moitísimo


Grazas LUIS foi unha ledicia

 contar contigo

  LUIS DAVILA
Luis Davila nace en Pontevedra  en el año 72, pero su historia esta vinculada directamente al municipio de Bueu que es donde se desarrolla su infancia.

Se considera Morrasseiro hasta la médula espinal.
Al Morrazo le vincula todo: En el se crió, se empapó al máximo de su idiosincrasia y admira profundamente a sus gentes curtidas por la dureza del mar ...
Diseñador gráfico por la escuela de Artes y Oficios Pablo Picasso de A Coruña, este Buenense es el responsable de un buen número de sonrisas diarias a través de sus tiras de humor O BICHERO y O FOTOMATON en el diario Faro de Vigo. 



martes, 16 de febreiro de 2016

ANIMACION Á LECTURA

      IMOS Ó TEATRO. SÁ ÁRTICA.QUE BEN O PASAMOS!!!

O Mago de Oz
A Dorothy non lle gusta nada a improvisación. Vive nun mundo racional, onde o que se debe facer é todo o que se pode facer. Pero... un día normal, como calquera día normal da súa normal vida, un tornado a levará a un mundo no que as súas regras non lle servirán de nada. Un mundo no que terá que emprender unha maravillosa viaxe se quere regresar a casa.



luns, 8 de febreiro de 2016

ANIMACIÓN Á LECTURA


    Proxecto“kamishibai” 

.
O noso Centro utiliza dende fai varios anos o “kamishibai”. E un teatriño xaponés, que favorece a expresión oral a través da narración de contos cunha técnica específica. 
A utilización deste material propicia, á vez, a escritura e a expresión plástica, entre outras habilidades, esixindo ademais un traballo colaborativo entre grupos pequenos de alumnos e alumnas. 
Co fin de impulsar a súa utilización este curso escolar  2015/2016 contamos coa vosa colaboración para facer pequenas funcións

venres, 5 de febreiro de 2016

ENTRODO 15/16

ENTROIDO 2015/16

Este ano o día 5 de Febreiro ímonos de viaxe para ver , vivir e descubrir moitísimas cousas,lugares e experienzas con noso tema núcleo 

UNHA VOLTA AO MUNDO"Imos a Venecia, China, México  e chegamos ata o Polo, con exploradores, pilotos azafatas… que desfile  tan bonito e cheo de color.
O JAVIER SENSAT mellora cada ano


NORABOA!!!

martes, 19 de xaneiro de 2016

NOVIDADES 2º TRIMESTRE

NOVIDADES NA BIBLIOTECA

XA TEMOS AS NOVIDADES DESTE TRIMESTRE.

Na biblioteca están expostas as novidades deste trimestre.
Pàsate a velas.
Visita este enlacehttp://www.georginagarciamaurino.com/georginagm/opera.htm
Consulta  libros sobre opera