venres, 25 de marzo de 2022

OPERACIÓN RECONQUISTA



RECONQUISTA DE VIGO 2022

martes, 22 de marzo de 2022

QUE VIAXE A CASA DA LITERATURA GALEGA

Velaiquí quedan unhas fotos da visita a casa de Rosalía de Castro








COMO ACTIVIDADE FINAL...

Durante este segundo trimestre o alumnado de Educación Infantil deulle a palabra a unha gran poetisa e escritora: 

DONA ROSALIA DE CASTRO

A través de diferentes actividades como na semana da prensa foron traballando a esta importante escritora: 















E hoxe marcharon a ver a casa de Rosalía como colofón final da actividade, velaiquí a saída de hoxe do cole: 








luns, 21 de marzo de 2022

SEMANAS DO CÓMIC

Durante o mes de marzo celebramos varias semanas do cómic para que os nosos alumnos se adentraran un pouco máis neste tipo de lectura e foi: 

TODO UN ÉXITO 





sábado, 19 de marzo de 2022

O NOSO RECUNCHO MAKER

 A nosa nova biblioteca tenta de ser un espacio de aprendizaxe maker con multiples espazos de aprendizaxe a maiores de ir a ler libros. Nas horas de apoio de infantil en pequenos grupos os alumnos aprenden a través de: 

  • MESAS DE LUZ
  • LEGOS
  • PANTALLA DIXITAL
  • FIGURAS  IMANTADAS
Todo isto son unha das multiples actividades que permiten a nosa nova biblio. Os nenos sempre están esperando para volver e descobrir que novas aprendizaxes atopanse escondidas neste espazo.







xoves, 17 de marzo de 2022

DESCUBRIMOS...

Dentro do proxecto do cole "50 anos a carón do mar" onte poidemos ver  como son as balsas de salvamento.

 Hoxe, todos os alumnos/as do cole vivenciaron como se dispara unha balsa salvavidas de 4 persoas.

 En cuestións de segundos apareceu unha "casiña" para poder salvar a vida aos mariñeiros dos barcos, cunha bolsa chea de materiais para facilitar a súa supervivencia ata ser rescatados.

Dentro había remos, cordas, botiquín, bengalas, foguetes, comida, auga, luces, reflectantes, chifres, mantas térmicas


E a petición da rapazada,  abrimos un bote de fume!!!


Foi unha gran experiencia e gustóunos moito!



venres, 11 de marzo de 2022

XA ESTA AQUÍ, XA CHEGOU!!

O DIARIO DECANO DA PRENSA DO SENSAT!





xoves, 10 de marzo de 2022

NON VÓS ESQUEZADES

  LEMBRADE O QUE NOS PROPOÑÍAN DENDE O EQUIPO DE DINAMIZACION DA LINGUA GALEGA!!!!!




martes, 8 de marzo de 2022

POR TODAS AS MULLERES! 8-M

Hoxe a nosa biblioteca engalanouse con libros sobre o 8 de marzo, con libros sobre mulleres importantes e o outros libros cambiando os diferentes tipos de estereotipos da nosa sociedad tales como... "O rosa é de nenas", "as princesas salvannas principes...", "hai traballos de home e de muller"...



















Biblispín e os nenos do cole gustaríanos que non se tiveran que celebrar días como o 8-M porque iso significaría que a igualdade é real e deixamos de escoitar diferentes tipos de estereotipos, temos que seguir avanzando porque moito avanzouse pero aínda queda moito por percorrer. Esperemos que este pensamento poida ser realidade! 

Nesta imaxe tedes unha canción ensalzando a todas as mulleres. 






Feliz día da muller!! 

xoves, 3 de marzo de 2022

VISITA DE ANA MEILÁN

Como o prometido era débeda, como anunciamos noutras entradas do blogue inauguramos oficialmente a biblio co contacontos de: 

ANA MEILÁN 

Todos os cursos do cole escoitaron os contos que habían traballado previamente. 

Por outra banda o alumnado de 5º e 6º que traballaron o conto "O que a serea esqueceu", fixeron unha capsula do tempo, que en uns anos volverán ao cole para abrila e ver que do que puxeron cumpliuse.

Velaiquí unhas fotos do ben co pasamos! 






Gracias Ana, pola túa agradable compañía e por transmitirnos ese pequeno recuncho onde están os teus contos.