venres, 21 de decembro de 2012

BO NADAL

O Equipo da Biblioteca Escolar do CEIP “JAVIER SENSAT” quere transmitirvos os nosos mellores desexos para o 2013 e que disfrutedes moito do Nadal.

Non esquezades o noso slogan: Queres aventura???Practica Lectura!!!

BO NADAL E AGARIMOSO 2.013




mércores, 19 de decembro de 2012

ANIMACIÓN Á LECTURA PARA E.INFANTIL

            CONTOS E CANTOS DO BARDO ABELARDO

O bardo Abelardo coñece as historias da fraga encantada e de todos os seres máxicos que nela habitan. Grazas ao tempo e dedicación conseguirá descifrar as misteriosas linguaxes dos seus habitantes e a máis tenra e misteriosa de todas elas, que é a linguaxe do corazon. Todo isto traducido nos contos en cantos de bardo Abelardo.
O BARDO ABERLARDO NA BIBLIOTECA

ENTREGA DE PREMIOS BIBLIOTECA

mercóres día 19,  as 10:50. O noso director xunto co Equipo da Biblioteca fixo entrega dos premios ao mellor lector deste trimestre:
O 1º premio ao mellor lector individual foi para Miguel Gutiérrez Pahino de EI 5 anos


1º premio á mellor aula lectora foi para a clase de 5ºB
NORABOA A TOD@S!!! e ánimo para o seguinte trimestre

venres, 14 de decembro de 2012

NADAL 12/13:RECURSOS


A Coordinadora Galega de ENDL pon  á disposición da comunidade educativa unha páxina web dedicada ao Nadal: 
  • Recursos para traballar nas aulas
Recursos sobre o Nadal elaborados por docentes, institucións e asociacións. Inclúe unidades didácticas, actividades en liña, manualidades, vilancicos, contos, o refraneiro, etc.
  • Postais elaboradas polo alumnado
Felicitacións feitas polo alumnado e permite que calquera usuario envíe algúns destes traballos para felicitar o Nadal e o Aninovo a través da rede. Contén tamén  modelos de cartas para enviar aos Reis Magos.
Enderezo: http://www.coordinadoraendl.org/nadal2012/recursos/index.php



mércores, 12 de decembro de 2012

PREMIOS: MELLOR LECTOR


O próximo Mércores día 19 de decembro as 10:50
celebraremos no salón de actos do colexio a entrega de PREMIOS da BIBLIOTECA ESCOLAR 
See full size imagedo 1º trimestre:
      1)Mellor lector individual ( No horario de  tarde)
      2) Mellor aula lectora ( No horario de mañá)

               MOITA  SORTE  A  TOD@S!!!