xoves, 25 de novembro de 2021

COÑECEMOS CONMEMORACIÓNS A TRAVÉS DE CONTOS

Biblispín, a nosa mascota da biblioteca quixo dicir ben alto e claro que o noso cole rexeita todo tipo de violencia que se poida producir. Polo que xunto co equipo de CONVIVE fixemos unha manifestación berrando moi alto: 

 VIOLENCIA NON!!! ou DANIELA PIRATA CAPITANA DO BARCO DE ORELLA CORTADA!!!

Queremos destacar o seguinte fragmento que temos no blogue de bibliotecas escolares: 

O #25N non é unha celebración, é unha data a borrar do noso calendario e imaxinario, pero até entón queda moito por facer, moitos muros por derrubar, non podemos, nin debemos, permitir un paso atrás.