mércores, 30 de novembro de 2022

OS ALUMNOS DE 5º VISITAN A BIBLIOTECA

 Durante este ano os diferentes alumnos do cole farán unha visita a biblioteca Xosé Neiras Vila, nesta ocasión foron os alumnos de 5º de E.P. 


Foi unha actividade moi entretida e amena, gustounos moito!!!





martes, 29 de novembro de 2022

COMO ALUMEAN

 Hoxe os alumnos de 5 anos do cole, probaron como funcionan os circuitos e como encender unha luz led, polo que fixeron unhas figuras de plastilina, conectaron a través duns cables a unha pila e TACHAN!!! 

Velaiquí o tendes.






venres, 25 de novembro de 2022

NON É NON

 Toda a semana coas máquinas baixando a coser a biblioteca os diferentes grupos tivo como resultado a realización de este gran lazo no que toda a comunidade educativa reixeitamos a VIOLENCIA DE XÉNERO e sabendo sempre que NON É NON. 

Damos as grazas a Tere que axudounos na realización de este traballo así como o equipo de IGUALA-T 


Ao remate da maña limos un manifesto onde rexeitamos a violencia de xénero onde estivo toda a comunidade educativa. 


VIOLENCIA NON!!

 Os mediadores do cole xunto co Departamento de Orientación fixeron un décalogo onde escribian 10 formas de reixatar a violencia e os estigmas de xénero e como ben dicían estes alumnos: 


VIOLENCIA NON!!!!

As vidas que perdemos

 

Na vida que perdemos
fomos deixando as mudas de pel polo camiño
no vértice do corazón
no pulso da vida
na exclamación da urxencia. 
 
Pilar Maseda. VV. AA. Manifesto 25N. Trinta voces pola eliminación da violencia contra a muller. Alvarellos e Asociación Cultural Caldaloba, 2021 
 
As bibliotecas escolares son espazos privilexiados para traballar valores democráticos, de igualdade e cidadanía, espazos únicos para a aprendizaxe da convivencia.
O 25 de novembro é unha data do calendario civil que as bibliotecas escolares integraron nas súas programacións porque cómpre unha chamada de atención fronte a actitudes larvadas  de violencia contra as nenas e as mulleres (con presenza nas relacións sociais, na publicidade ou en moitos produtos audiovisuais), que fixan valores contrarios á igualdade.
 
Un curso máis, seguimos necesitando accións para denunciar a violencia sistémica contra  as mulleres e as violencias cotiás exercidas contra nenas, mozas e mulleres de toda idade e condición en distintos espazos e ámbitos, tanto privados como públicos. Desde a ONU alertan de que aunque todas las mujeres, en todas partes del mundo, pueden sufrir violencia de género, algunas mujeres y niñas son particularmente vulnerables, ejemplo de ellas son las niñas y las mujeres más mayores, las mujeres que se identifican como lesbianas, bisexuales, transgénero o intersex, las migrantes y refugiadas, las de pueblos indígenas o minorías étnicas, o mujeres y niñas  que viven con el VIH y discapacidades, y aquellas en crisis humanitarias.
 
O #25N non é unha celebración, é unha data a borrar do noso calendario e imaxinario, pero até entón queda moito por facer, moitos muros por derrubar, non podemos, nin debemos, permitir un paso atrás. 

 
FONTE: BIBLIOTECAS ESCOLARES

luns, 21 de novembro de 2022

AS NOVAS MÁQUINAS!!!

 Durante esta semana na nosa biblio apareceron unhas máquinas de coser e coa axuda inestimable de Tere e o contrato programa IGUALA-T estivemos cosendo algo pero non sabemos para que é...  




NON PARAN DE CHEGAR!!!

A nosa biblioteca está que non para de recibir novidades, o último que temos son diferentes novidades en Galego entre outras moitas!!!!

Atreveste con elas? 


luns, 7 de novembro de 2022

CHEGOU A CIENCIA O SENSAT

Con motivo do mes da ciencia a nosa biblioteca énchese de libros sobre esta temática, pero... realmente sabemos que materias engloban as ciencias? 

Durante este mes Biblispín propoñenos co descubramos a través de diversos e variados libros.

Como imos aprender!!!! 

martes, 1 de novembro de 2022

NOVEMBRO MES DA CIENCIA EN GALEGO

 "A ciencia está chea de momentos épicos coma este. Coñecelos e transmitilos é un deber no que todos, non soamente os que somos científicos, debemos participar. Amigos: temos unha historia da ciencia tan rica como descoñecida. Cando leades unha historia coma esta, facédea vosa e transmitídea, porque cada vez que a contedes estaredes sementando a curiosidade pola ciencia e contribuiredes a facer medrar no noso pobo unha cultura científica moi necesaria, que nos permitirá avanzar como sociedade e nos fará máis libres." 

José Tubío

Desde a Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades, en colaboración coa Secretaría Xeral de Política Lingüística, vense impulsando a celebración anual do mes de novembro como o  MES DA CIENCIA EN GALEGO NAS BIBLIOTECAS. 

Iníciase esta actuación coa elección dunha imaxe e a difusión dun texto, a modo de MANIFESTO, de José Tubío, profesor, investigador principal e divulgador na USC. Desde 2016 dirixe o grupo de investigación Xenomas e enfermidade do CiMUS. En maio de 2022 recibíu o Premio Nacional de Investigación Oncológica Científica y Técnica Ramiro Carregal na modalidade de talentos emerxentes pola “súa contribución en varios dos descubrimentos máis importantes no campo da xenómica do cancro”.

O manifesto para este ano 2022, baixo o título "O deber de coñecer e transmitir a nosa historia científica" abrirá moitas rutas de traballo e investigación coas que poder berrar "Terra á vista" desde as nosas bibliotecas escolares.

Desde a Asesoría de bibliotecas escolares realizouse unha recompilación de recursos dixitais, relacionados coa ciencia, en galego, que se pon a disposición de todas as bibliotecas: libros e unidades didácticas descargables en formato pdf, páxinas web de institucións, museos e asociacións de profesores e divulgadores científicos, convocatorias e propostas, blogs de ciencia dos centros educativos, experiencias de bibliotecas escolares, etc. 


FOLLETO INFORMATIVOMES DA CIENCIA EN GALEGO NAS BIBLIOTECAS

MATERIAIS: MES DA CIENCIA EN GALEGO