xoves, 6 de marzo de 2014

SEMANA DA PRENSA

Do 10 ao 14 de Marzo do 2014 celebramos a SEMANA DA PRENSA co número 3 do noso DIARIO DECANO DA PRENSA ESCOLAR coas noticias que elaborará cada curso.
Entrega do xornal: Venres 15 de Marzo

 XORNAL"JAVIER SENSAT" 

martes, 4 de marzo de 2014

8 DE MARZO:DÍA DA MULLER TRABALLADORA

Día Internacional da Muller, orixinalmente coñecido como Día Internacional da Muller Traballadora, conmemorado cada 8 de marzo e recoñecido pola ONU como unha xornada para reivindicar a igualdade e de facer balance sobre a situación das mulleres na sociedade, e festa recoñecida nalgúns países e tradicionalmente grupos e asociacións de mulleres militantes no feminismo ou no movemento obreiro preparan manifestacións, por veces utilizando o nome orixinal, por todo o mundo, para facer ver as súas reinvindicacións para mellorar as condicións da muller, e festexar os avances e loitar pola superación dos atrancos.