martes, 27 de xuño de 2023

PECHAMOS O CURSO

 Despois dun curso de moitos cambios, toca dicir ata o curso que ven!! 

Esperemos que vos pasará como a todo o equipo de biblio e mestres do cole, que foi un curso de moitas sorpresas, momentos de lectura, encontros,  cambios, espazos novos...

O ano que ven virá cargado de moitos máis momentos coma estes que vivimos e que nos servirán para seguir crecendo. 

Queremos dar as grazas ao profes que nos acompañaron este ano: Vicky, Marta, Raúl, Ángela e Leticia. Moita sorte nos vosos novos destinos. 

Lembrade neste verán ler moito xa que a Lectura é a ventá ao mundo que nos queiramos imaxinar!!! 

BO VERÁN!!! 


luns, 12 de xuño de 2023

XOGOS DE MESA: EI 4 ANOS

Os nenos de EI 4 anos coa profe Carla facemos xogos de mesa na biblio. 


Encántannos!!!! 


sábado, 3 de xuño de 2023

50 ANOS: SÁBADO 3 DE XUÑO, XORNADA DE CONVIVENCIA

O sábado como colofón destes 50 anos tivemos unha xornada de convivencia cunha serie de actos. 

Visitounos o alcalde Don Abel Caballero Álvarez e o Inspector de educación Don Fernando Carrasco Mera.


Mesa redonda dos directores Don Miguel Sieiro González, Don Jesús Núñez Lamas e Dona María Isabel Gutiérrez Muñoz.


Reencontro de antigos mestres Don Javier Portas (mestre de Educación Física), Dona Marisa Ogando (Mestra de 1º e 2º da EXB).


Dona Eugenia Lores (Mestra de Lingua Castelá na 2ª etapa da EXB), Don Miguel Sieiro (Mestre de matemáticas na 2ª etapa da EXB), Dona Josefina Alonso (Mestra de Sociais na 2ª etapa da EXB), Dona Rosa Calvo (mestra de integración na EXB), Dona Mari Pérez (mestra de Ciencias na 2ª etapa da EXB) e Don Jesús Núñez (Mestre de Francés na 2ª etapa da EXB).


Pola tarde a nosa ANPA fixo a súa festa de fin de curso a cal querémoslle agradacer a súa gran implicación nestes actos ao igual que ao profesorado do centro. 


Moitas grazas a todos pola vosa participación e implicación!! 

venres, 2 de xuño de 2023

50 ANOS: VENRES 2 DE XUÑO, CÁPSULA DO TEMPO.

 Hoxe plantamos unha árbore e gardamos unha cápsula do tempo onde gardamos unha carta dos alumnos de 6º, unha foto de todo o colexio e un Pen Drive coa presentación de fotos. 



Foi un día cheo de moitas emocións. 




xoves, 1 de xuño de 2023

50 ANOS: XOVES 1 DE XUÑO MESTRES XUBILADOS

 Como di o texto que os alumnos de 6º leron "A eses mestres da EXB que día a día vanse xubilando", hoxe recibimos a visita de antigos mestres e compañeiros. 

Estiveron dous dos primeiros mestres que comezaron no cole o seu primer ano en 1971, Dona Mari e Don Miguel segundo director do centro. 

Dona Rosa Calvo primeira mestra de P.T (antes mestra de integración), Dona Marisa Ogando percursora dos entroidos do noso coles e Dona Eugenia Lores redactora e creadora da revista O Castañal. 

Don Jesús Núñez terceiro director do cole e o impulsor do derribo do cole vello por unhas grandes deficiencias. 

Tamén mestres que xubiláronse recentemente como Dona Pitu Braña, Don Manuel Cid, Dona Fina Fernández e Dona Rosa Vila. 

O noso agradecemento pola gran pegada que deixachedes no noso cole e o gran día que tivemos con vos.