venres, 31 de marzo de 2023

xoves, 30 de marzo de 2023

AS NOSAS NAIS CONTAN!!

 Begoña mamá de JORGE (5º), REBERCA, (6º) e MARTA (2º) veu ao cole a contarnos a súa profesión como QUÍMICA e traballa como responsable en una empresa DE DISOLVENTES que durante moitos anos foi asociada a xénero masculino.









A charla foi interesantisima e un dos momentos máis emotivos foi cando recibiu o diploma da man da súa filla. 

xoves, 23 de marzo de 2023

A POÉTICA DA ESCRITURA

Imaxe tomada na Pobra de Brollón (Lugo). Asesoría de bibliotecas escolares. 

DEBERIAMOS botar áncoras
no ceo
e quedar colgados deste intre
 
durar
 
amarrados a esta luz. 
 
Dacosta Alonso, Marta. (2021). Notas sobre a extinción. Editorial Galaxia
 

 
En tempos confusos como os que vivimos, cómpre viaxar polas métaforas das imaxes e as palabras, asolagar as nosas bibliotecas de poesía, buscar acubillo en versos reparadores, descubrir a poética do  máis pequeno e próximo...
 
Nun curso no que "Escribir a biblioteca escolar", descubramos a poética da escritura. 
 

XA CHEGARON, XA ESTÁN AQUI A PRENSA!

 



mércores, 22 de marzo de 2023

AS NOSAS NAIS CONTAN

 Hoxe Begoña mamá de Laura de 6º e de Carla de I5B veu ao cole a contarnos a súa profesión como enseñeira de minas e traballa como responsable en una empresa de instalación de fluidos  que durante moitos anos foi asociada a xénero masculino. 





A charla foi interesantisima e un dos momentos máis emotivos foi cando recibiu o diploma da man da súa filla. 

Moitas grazas Begoña

mércores, 15 de marzo de 2023

AS NOSAS NAIS CONTAN

 Hoxe Iria Parada mamá de Noa de 6º veu ao cole a contarnos a súa profesión como enseñeira de telecomunicaciones pola  rama de electrónica un traballo que durante moitos anos foi asociada a xénero masculino. 



A charla foi interesantisima e un dos momentos máis emotivos foi cando recibiu o diploma da man da súa filla. 
Moitas grazas Iria

venres, 10 de marzo de 2023

AS NOSAS NAIS CONTAN

 Hoxe Érika Álvarez mamá de Aiden de 2º veu ao cole a contarnos a súa profesión como barbeira un traballo que durante moitos anos foi asociada a xénero masculino. 







A charla foi interesantisima e un dos momentos máis emotivos foi cando recibiu o diploma da man do seu fillo.
           

Moitas grazas Érika 

mércores, 8 de marzo de 2023

OBRADOIRO DO DÍA DA MULLER




AS NOSAS NAIS CONTAN!!

 Hoxe Conchi Roig mamá de Aroa de 4º veu ao cole a contarnos a súa profesión como policia un traballo que durante moitos anos foi asociada a xénero masculino. 

A charla foi interesantisima e un dos momentos máis emotivos foi cando recibiu o diploma da man da súa filla. 

Moitas grazas Conchi 

8-M: INFANTIL


Se clicades na imaxe teredes un video explicando porque se celebra este día. 

CHARLAS SOBRE IGUALDADE

 Hoxe os alumnos que estiveron o curso pasado no cole viñeron a facer unha exposición aos nosos alumnos de 6º sobre igualdade no marco do 8-M foi moi enriquecedora. 

Grazas pola visita e esperamos que volvades pronto a vosa casa!! 





luns, 6 de marzo de 2023

domingo, 5 de marzo de 2023

sábado, 4 de marzo de 2023

8M: POR UN MUNDO DIXITAL INCLUSIVO: INNOVACIÓN E TECNOLOXÍA PARA A IGUALDADE DE XÉNERO.

 "A invisibilidade social da experiencia das mulleres non é <<un fracaso da comunicación humana>>. Trátase dun sesgo tramado a nivel social que persistiu moito despois de que a información acerca da experiencia feminina estea dispoñible (e a favor da cal mesmo se insistiu publicamente)."

 
Russ,J. (2019). Cómo acabar con la escritura de las mujeres. Barret & Dos Bigotes
 
 
Día Internacional da Muller 2023 reivindica os dereitos das mulleres  baixo o lema: "Por un mundo dixital inclusivo: Innovación e tecnoloxía para a igualdade de xénero", facendo un chamamento aos gobernos, aos movementos activistas e ao sector privado para acelerar os seus esforzos por conseguir un mundo dixital máis seguro, máis inclusivo e máis equitativo. Nun momento no que nos enfrontamos a múltiples crises globais, temos a posibilidade de crear un futuro mellor, non só para as mulleres e as nenas, senón para toda a humanidade e toda a vida na Terra.
 

Axenda 2030 marca como obxectivo número 5: Lograr a igualdade entre os xéneros e empoderar a todas as mulleres e nenas. As bibliotecas deben apoiar a igualdade de xéneros e ofrecer lugares, e actividades, de encontro e empoderamento.
 
Na publicación elaborada polo Grupo de Traballo "Bibliotecas e Axenda 2030" do Consello de Cooperación Bibliotecaria: "A implicación das bibliotecas españolas na Axenda 2030"  apúntase que é tamén destacable o papel das bibliotecas, como institucións de fonte de coñecemento, á hora de acabar coa brecha de xénero, atender á diversidade de xénero, lograr a igualdade e  empoderar ás mulleres e as nenas. Concienciar, difundir e apoiar iniciativas na liña sinalada pola propia ONU: «a igualdade entre os xéneros non é só un dereito humano fundamental, senón a base necesaria para conseguir un mundo pacífico, próspero e sostible». Se se promove a igualdade no acceso á educación, á atención médica, a un traballo decente, e unha representación nos procesos de adopción de decisións políticas e económicas, impulsaranse economías sostibles, igualitarias e máis humanas. 
 
As bibliotecas  escolares de Galicia traballan, todo o curso, en prol dunha igualdade efectiva na nosa sociedade, formando cidadanía crítica. Arredor desta data promoven actividades coa lectura, o cine, a radio, a publicidade, a creación, a busca e tratamento da información ...