mércores, 23 de febreiro de 2022

DÍA DE ROSALÍA DE CASTRO

Para conmemorar unha gran autora dende o colexio fixemos uns marcapaxinas cun poema sobre ela, velaiquí o resultado: 



Lembrarvos a todos que dende este ano pasouse o día de Rosalia de Castro do 24 de febreiro ao 23. 

Destacar esta frase de Rosalía que mellor define o seu caracter de poetisa: 


"Eu son libre, nada pode conter a marcha dos meus pensamentos e eles son a lei que rexe o meu destino"


BIBLISPÍN MANDADEIRO

 O XOVES LEVAREMOS: 


O MANDADEIRO BIBLISPÍN
QUE É MOI FESTEIRO QUERE
QUE LEVEMOS UN

ACCESORIO PLAYERO 

martes, 22 de febreiro de 2022

BIBLISPÍN MANDADEIRO

 O MÉRCORES LEVAREMOS: 


O MANDADEIRO BIBLISPÍN
QUE QUERE IR A NADAR
PIDENOS QUE ESTE MÉRCORES 
POÑAMOS UNHAS

GAFAS DE MERGULLAR

luns, 21 de febreiro de 2022

DESPOIS DE DOUS ANOS...

 Despois de dous anos todos os nenos do cole estamos moi inquedos, farannos un contacontos a escritora Ana Meilán, que ademáis será quen de inaugurar a nosa nova biblio.

Mentres a esperamos estamos traballando todos os libros que ela ten adaptados aos diferentes cursos. Aquí deixamosvos unhas fotos deses libros. 






BIBLISPÍN MANDADEIRO

O MARTES LEVAREMOS: 



O MANDADEIRO BIBLISPÍN
QUE É O NOSO COMPAÑEIRO, PIDENOS QUE ESTE MARTES... 
POÑÁMOS UN 
GORRO MARIÑEIRO 


venres, 18 de febreiro de 2022

BIBLISPÍN MANDADEIRO

 O LUNS LEVAREMOS: 




O MANDADEIRO BIBLISPÍN
PARA NON METER A PATA, 
PÍDENOS QUE ESTE LUNS
POÑAMOS 
UN 
PARCHE DE PIRATA

DÍA DE ROSALÍA DE CASTRO #sementedepensamentos

A Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega (AELG) conmemora un ano máis o Día de Rosalía de Castro.

Para o 23 de febreiro, data do aniversario do nacemento da autora, esta entidade propón á cidadanía que agasalle cun libro en galego e cunha flor ás amizades e persoas queridas.

Para a edición de 2022 Beatriz Maceda Abeleira foi a escritora escollida para a redacción do Manifesto da AELG, que será lido no acto central do Día de Rosalía de Castro, o sábado 19 de febreiro no Panteón de Galegos Ilustres, en Santiago de Compostela. O texto será tamén lido en todos os actos promovidos pola AELG, así como nos organizados por outras entidades que se sumen ás propostas que a entidade remitirá a concellos, asociacións e centros de ensino.

..."Alimentamos a realidade do noso País a través da nosa lingua e das palabras que envolven a nosa diversidade social e cultural. Pensármonos na lingua de nosoutras é manter, transmitir e dignificar quen somos. E esta é a forza que atopamos en Rosalía de Castro: recoñecérmonos como pobo forte, unido na nosa lingua...."



Se clicades na imaxe podedes escoitar un poema de Rosalía de Castro por Luz Casal e Carlos Núñez

FONTE: AELG

xoves, 17 de febreiro de 2022

NOVIDADES

Aquí deixámosvos as últimas novidades que viñeron a nosa biblioteca. Estas de aqui son sobre Rosalía de Castro que como xa sabedes celebrase o 23 de Febreiro.

Por outra banda temos estes dous grandes libros sobre historia, que son para investigar dunha maneira más divertida e visual. Deixamosvos un vídeo para que vexades como é o libro por dentro e tamén para completar a aprendizaxe, 

Animádesvos a leelo? 



martes, 15 de febreiro de 2022

CHARLA SOBRE DISCRIMINACIÓN

 A Biblioteca Escolar deulle hoxe a palabra ... A CRUZ VERMELLA, que viñeron para que todos os nenos do cole souperamos que é a discriminación e que debemos facer para tratar de erradicala. 








domingo, 13 de febreiro de 2022

DIA MUNDIAL DA RADIO 2022

 Hoxe 13 de febreiro celebrase o Día Mundial da Radio, o noso centro durante todo este curso utilizamos a megafonía do cole a modo de radio para felicitar os aniversarios de todos os membros da comunidade educativa. 

Isto é soamente un pequeno paso, quen sabe se nos vindeiros anos animámosnos a facer un programa de radio do cole.... Sabedes algún nome para poñerlle a citada radio!

Os nosos alumnos esperan ansiosos escoitar o seu nome no día do seu aniversario. 

Velaiquí deixamosvos como son as felicitacións no noso cole... Clicade na imaxe!!!




Por outra parte deixámosvos unha das primeiras locucións de radio que houbo en España, esta foi en radio Barcelona por Maria Sabater, data do ano 1924. 

 Escoitade clicando na imaxe. 







venres, 11 de febreiro de 2022

CHARLA SOBRE AS ADICCIÓNS

A Biblioteca Escolar deulle hoxe a palabra ... A ERGUETE, unha asociación viguesa que loita pola prevención das drogas.  

Hoxe foi un dos primeiros días na que os alumnos de 6º aprendimos moitas cousas sobre as adicións e volverán para a semana para continuar.





11-F: Día da muller e a nena na ciencia

 Hoxe celebrase en todo o mundo o día do muller e a nena na ciencia que estableceuse no ano 2015, a ONU estableceu un Día Internacional para recoñecer o rol crítico que xogan as mulleres e as nenas na ciencia e a tecnoloxía, 

A finalidade é lograr o acceso e a participación plena e equitativa na ciencia para as mulleres e as nenas, e ademais para lograr a igualdade de xénero e o empoderamento das mulleres e nenas.



A nosa biblioteca para un día tan especial como este, engalanouse cunha morea de libros para poder festexar tal data. 

Velaiquí unhas fotos de como púsoxe a nosa biblio.

Feliz día da muller e da ciencia!!! 





xoves, 3 de febreiro de 2022

MARÍA P. ARAÚJO

 Hoxe a biblioteca escolar eo equipo de CONVIVE-Tderona palabra a María P. Araújo, pero a súa axenda profesional non lle permitiu vir ao cole a destapar a súa chapa na pista do colexio. 


Na súa representación viñeron compañeiras súas de baloncesto entre as que está a nosa compañeira e mestra de ARCO Sabela, fixéronnos unha demostración de baloncesto para todos os membros da Comunidade Educativa. 



Queremos agradecer a nosa compi Sabela a súa achega xunto coas súas compañeiras ao mundo do baloncesto!! 
Moitas grazas polas vosas achegas e aprendizaxes!!!!