martes, 31 de outubro de 2023

LIBROS TERRORÍFICOS

 A biblioteca cheiña de libros de medo para o Halloween ou Samaín. 

Que medo que terror!!!!!



sábado, 28 de outubro de 2023

TEXTOS TERRORÍFICOS

 Os alumnos de 6º estiveron facendo diferentes producións escritas traballando os diferentes xéneros literiarios.  

Quedaron uns textos que meten moito medo!!! 

Que ben quedan na biblio!!

Biblispín ten moito medo!!!






venres, 27 de outubro de 2023

RECREOS QUE ENCHEN

A biblio non é solo para ler, senon para xogar e para estar cos compañeiros doutras clases.

 A diferenza entre uns cursos e outros enriquecen moito para xogar, para falar. 

Moitos recreos máis así!!! 







mércores, 25 de outubro de 2023

24 OUTUBRO: DÍA DAS BIBLIOTECAS

 Para conmemorar o día das bibliotecas escolares os alumnos de 5º e 6º fixeron unha obriña de teatro sobre o libro ¿Ahora que va a pasar? 

Os nenos quedaron abraidos con ben co fixeron os seus compañeiros

 Son todo uns actorazos!! 








martes, 24 de outubro de 2023

DÍA DAS BIBLIOTECAS ESCOLARES 2024

Dende 1997 celébrase o Día das Bibliotecas o 24 de outubro,  unha conmemoración impulsada pola Asociación de Amigos del Libro Infantil y Juvenil á que se foron sumando, xa dende hai algún tempo, o propio Ministerio de Cultura e todas as administracións autonómicas.

 
A Dirección Xeral do Libro, o Cómic e a  Lectura, a través da Subdirección Xeral  de Coordinación Bibliotecaria, impulsa a celebración do Día das Bibliotecas, este 24 de outubro de 2023.  
 
"O lema deste ano, "Tecendo Comunidades", pretende destacar o papel fundamental que desempeñan as bibliotecas na construción de lazos fortes dentro das nosas comunidades. Estas institucións son centros de conexión e aprendizaxe, onde as historias, as experiencias e os coñecementos son os fíos que unen aos cidadáns".
 
As bibliotecas escolares galegas amosáronse, e continúan facéndoo, como unha ferramenta ao servizo da comunidade educativa ofrecendo recursos, información e apoio. Cómpre reivindicalo e celebrar que son xanelas para ler, espazos onde aprender, lugares para descubrir, para encontrarse e convivir. A rede de bibliotecas escolares de Galicia leva moitos anos tecendo espazos de encontro nos que compartir experiencias e recursos, nos que conectar coa comunidade próxima ou a máis afastada, lugares que contribúen á formación dunha cidadanía crítica, activa e comprometida.
 
A biblioteca escolar, esa biblioteca pola que pasan todas as nenas e todos os nenos do país, a primeira biblioteca que lles aprende, tamén, a usar outras, que os pon en contacto con eses outros espazos do coñecemento e do lecer, eses lugares nos que pasan moitas cousas, que son as bibliotecas públicas, eses lugares que están sempre ao noso carón: as BIBLIOTECAS. 
 
Este curso, o lema das bibliotecas escolares de Galicia  UNHA BIBLIOTECA ESCOLAR EN VIÑETAS , e  quere poñer o foco na importancia do cómic na formación do itinerario lector, o cómic como un lugar no que encontrarse.

xoves, 19 de outubro de 2023

PDI 2023-2024: ARTELLANDO SOÑOS

 Comezamos co PDI deste curso Artellando Soños, cun monton de momentos cargadiños de arte.

 A figura que resaltamos é a de Pablo Picasso que neste 2023 faise 50 anos do seu pasamento. 

Coñeces este autor? Clica na imaxe para saber un pouquiño máis de el: 


No noso cole, na entrada de primaria hai un expositor con varios autores de arte, Matisse, Van Gogh, Warhol... 

Cantos autores imos aprender este curso!


Canto imos ARTELLAR!!!! 

EXPOSITORES DE NOVIDADES

 
Cantas novidades chegan á biblio cun monton de aventuras e historias. 

Comezamos coas lecturas!!!

TODAS AS NOVIDADES PARA PAIS NO....

 Recunchiño de pais!

EXPOSITOR DÍA DAS ESCRITORAS

 Como conmemoración do día das escritoras o último andar do cole encheuse con diferentes libros sobre escritoras galegas. 

Cantas escritoras galegas descubrimos que escribiron os nosos libros favoritos!

Biblispín fixo un salonciño para que poidamos ler estes contos comodamente


"Eu son libre, nada pode conter a marcha dos meus pensamentos e eles son a lei que rexe o meu destino"

Rosalía de Castro



luns, 16 de outubro de 2023

DÍA DAS ESCRITORAS 2023



"... Sinto un formigo no estómago... Sorrio. Porque me apetece e porque me apetece dicilo." 

 
Yáñez,Antía. Non penses nun elefante rosa. (Xerais, 2022)
 
Día das Escritoras é unha iniciativa  organizada entre a Biblioteca Nacional de España, a Federación Española de Mujeres Directivas e Executivas Profesionais e Empresarias (FEDEPE) e a asociación Clásicas e Modernas, Asociación para a igualdade de mulleres e homes na Cultura. Ademais, contará coa colaboración de Asociación Colexial de Escritores (ACE)e o Centro Español de Dereitos Reprográficos (CEDRO). Desde 2016 búscase reivindicar o labor e o legado das escritoras a través da historia.
 
Como en edicións anteriores, a data elexida é o luns máis cercano á festividade de Teresa de Jesús, o 15 de outubro. A VIII Edición celébrase este ano 2023  o 16 de outubro. 
 
"Nesta edición o comisariado recae na escritora Marta Sanz e o tema escollido é O pracer, a alegría e a risa das mulleres, co que pretendemos facer do Día das escritoras unha xornada de dobre celebración. Celebración dunha escritura e dunha maneira de percibir a realidade silenciada durante moito tempo, e celebración desa expresión do gozo, a alegría e a risa que a miúdo tamén é un tabú para mulleres educadas na abnegación, o comedimiento e o sacrificio". 

mércores, 11 de outubro de 2023

RECREOS CHEOS DE LIBROS

Recreos de xogo, recreos de lectura, recreo de encontros e de confidencias todo isto envolto por libros. 
Qué máis podemos pedir?

Da gusto ver a biblioteca chea!!!!





martes, 10 de outubro de 2023

venres, 6 de outubro de 2023

FORMACIÓN USUARIOS ALUMNADO

 Ao longo desta semana os diferentes cursos do cole pasaron a coñecer que recursos ten a nosa biblio e como poden traballar nela.

Biblispín estivo encantado de compartir este ratiño con eles, e darlle a benvida a este novo curso!!!




martes, 3 de outubro de 2023

FORMACIÓN USUARIOS MESTRES

 Hoxe pola tarde os mestres do cole coñeceron os recursos e como funciona a biblio, Biblispín estivo encantado de darlles a benvida!!!


APERTURA DA BIBLIO POLAS TARDES

 

luns, 2 de outubro de 2023

FORMACIÓN DE USUARIOS

 Comezamos as diferentes formacións de usuarios nos diferentes cursos do cole, hoxe viñeron os nenos de 2º e os de 5º que comezarán a súa andaina como axudantes de biblio.