luns, 20 de decembro de 2021

LAURA VÁZQUEZ

 A biblioteca e Biblispín xunto co equipo de CONVIVE déronlle a palabra Judoca: 

                           LAURA VÁZQUEZ

Tivemos a gran sorte de que Laura viñera a inaugurar a súa pista, isto esta englobado no contrato programa CONVIVE no que as diferentes pistas do colexio levan o nome de deportistas galegas femininas. 



Laura xunto co noso profe de 3º e compañeiro Miguel Romero fixéronnos unha gran demostración. Destacar que é un campión galego nesta ensinanza e encantóunos que nos ensinara un pouco máis sobre este deporte. 




Destapou a súa placa ao carón da porta da entrada, o cal fíxolle moita ilusión xa que era o seu primeiro recoñecemento público como deportista 




Para rematar o acto tanto Laura como Miguel asinaron o nóso libro de visitas da biblio para que non nos esquezamos da súa visita



Queremos darlle as grazas ao profe Miguel por traernos a esta gran deportista e a él por ensinarnos a súa arte no Judo.


Noraboa Laura por este recoñecemento que será o primeiro de moitos. 

Moitas grazas pola túa cercanía e ensinanzas!!