martes, 28 de febreiro de 2023

DÍA DE ENFERMIDADES RARAS

 O Departamento de Orientación xunto con biblio e o contrato programa INCLUE-T tivemos a gran sorte de ter unha charla sobre as enfermidades raras na que aprendimos moitas cousas e puidemos escoitar e entender a través dun conto que é o que lles acontece a estar personas.

Previamente as prorfes de infantil Carla, Belén, Maribel e Beli preguntáronlle aos nenos na asamblea  que sabían sobre "As enfermidades raras" 

Foi un gran día no que aprendemos moito e sensibilizamonos un pouquiño máis sobre estas enfermidades. 

Moitas grazas Ángela!!! 





luns, 27 de febreiro de 2023

venres, 24 de febreiro de 2023

DÍA DE ROSALÍA

 Onte para conmemorar o día de Rosalía os alumnos do cole están a recrear un puzzle no que ten como protagonista a nosa autora galega. 







xoves, 23 de febreiro de 2023

DÍA DE ROSALÍA

 A Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega (AELG) conmemora un ano máis o Día de Rosalía de Castro.

Para o 23 de febreiro, data do aniversario do nacemento da autora, esta entidade propón á cidadanía que agasalle cun libro en galego e cunha flor ás amizades e persoas queridas.

Para a edición de 2023 Carme Adán foi a persoa escollida para a redacción do Manifesto da AELG, que será lido no acto central do Día de Rosalía de Castro, o sábado 25 de febreiro no Panteón de Galegos Ilustres, en Santiago de Compostela. O texto será tamén lido en todos os actos promovidos pola AELG, así como nos organizados por outras entidades que se sumen ás propostas que a entidade remitirá a concellos, asociacións e centros de ensino.

O lema escollido para este 2023 é: 

                        #cumpriuseaxustiza

 “Rosalía ensínanos a mirar e a escoitar. É unha guía, por momentos unha amiga ou unha camarada, que nos acompaña entre poemas, novelas e ensaios para superar a banalidade ética do noso tempo. As súas palabras dan existencia a un mundo de inxustizas e opresións contra as mulleres, os pobres, a lingua galega ou os migrantes. O seu narrar é a escoita do noso mundo."

“Que a man tembrosa no papel só escriba

palabras, e palabras e palabras!”  

"Dos moitos legados de Rosalía de Castro, destacamos un, o da filósofa que sabe libre o seu pensar e non cede ante as cadeas impostas. Rosalía ensinounos da liberdade do pensamento que se afunde na realidade para interrogala por un futuro mellor. Se só cantamos as pombas e as flores, as luces de cores dos nosos autorretratos dixitais, de que teremos a alma?."


FONTE:AELG

venres, 17 de febreiro de 2023

ENTROIDO


NON HAI FRONTEIRAS!!!!!! 














mércores, 15 de febreiro de 2023

TRABALLAMOS CO CROMA

 O alumnado de 2º xunto co seu profe Juanma ao longo desta semana estiveron traballando co croma na biblio:

QUE CREACIÓNS NOS TERAN PREPARADAS?






luns, 13 de febreiro de 2023

AGNÓDICE

 O alumnado Xoan, Mario e Mirella alumnos de 4º no recreo fixeron unha exposición sobre Agnodice que estiveron traballando nas ciencias coa mestra Rebeca. 

Esta actividade coincide co día da muller e a ciencia celebrada o 11 de febreiro.






sábado, 11 de febreiro de 2023

mércores, 8 de febreiro de 2023

RECREOS EXPOSITIVOS: MATA HARI

 As alumnas de 4º Noa e Mirella fixeron unha exposición sobre Mata Hari a cal estiveron investigando previamente.

Fixérono no recreo acompañados polas profes Rebeca e Carla 

Foi todo un éxito!!! A biblioteca estaba chea de nenos con ganas de aprender máis sobre esta personaxe!!!

Grazas compañeiras!!!






mércores, 1 de febreiro de 2023