martes, 30 de novembro de 2021

ACTIVIDADE DO MES DA CIENCIA EN GALEGO

Con motivo do mes da ciencia en galego e aproveitando o acontecemento do volcán da Palma os nenos investigaron como é un volcan, como erupciona e como e por dentro a través da aplicación en 3D Kieber.







Desfrutamos e aprendemos moito sobre os volcáns!!!!


xoves, 25 de novembro de 2021

COÑECEMOS CONMEMORACIÓNS A TRAVÉS DE CONTOS

Biblispín, a nosa mascota da biblioteca quixo dicir ben alto e claro que o noso cole rexeita todo tipo de violencia que se poida producir. Polo que xunto co equipo de CONVIVE fixemos unha manifestación berrando moi alto: 

 VIOLENCIA NON!!! ou DANIELA PIRATA CAPITANA DO BARCO DE ORELLA CORTADA!!!

Queremos destacar o seguinte fragmento que temos no blogue de bibliotecas escolares: 

O #25N non é unha celebración, é unha data a borrar do noso calendario e imaxinario, pero até entón queda moito por facer, moitos muros por derrubar, non podemos, nin debemos, permitir un paso atrás. 








 

venres, 12 de novembro de 2021

NOVA AVENTURA NA BIBLIO

 Neste curso o alumnado de 6º A e 6ºB serán os primeiros en levar as novas mochilas lectoras. Biblispín preparaou con moito agarimo e espera que vos guste moito. 

Bicos picóns 





xoves, 11 de novembro de 2021

MAGOSTO

 Magosto tempo de castañas asadas e viño co mel e dende o equipo de dinamización da lingua galega propuxéronnos facer unhas mándalas, velaiqui os resultados: 





venres, 5 de novembro de 2021

PREMIOS DESEÑA A TÚA BIBLIO

 Hoxe tivo lugar a entrega de premios os gañadores do concurso "Deseña a túa biblio". Elixir a estes gañadores foi unha decisión moi difícil polo gran nivel dos concursantes. 

Noraboa a tod@s!!!! Podedes ver o nome dos gañadores na páxina web do cole!





martes, 2 de novembro de 2021

SAMAÍN/ HALLOWEEN

 Nestas datas celebrase a festa do Samaín e Halloween e dende o Equipo de plurilingüismo propuxeron a decoración das portas das aulas e a nosa biblioteca non ia ser menos, polo que aquí o resultado, que vos parece?




luns, 1 de novembro de 2021

A NOSA BIBLIO PREPÁRASE PARA O MES DA CIENCIA

 A nosa biblioteca decorouse enteira con libros e demáis elementos para engalonar un mes tan importante. Que queremos resaltar cunha cita do científico:

Galileo Galilei que di: "En cuestións de ciencia, a autoridade de miles non vale o humilde razoamento dun simple individuo"

DESFRUTADE DA CIENCIA TANTO COMA MIN!!! 













MES DA CIENCIA EN GALEGO



 

MES DA CIENCIA

Mes de novembro, mes da ciencia, mes de moitas sorpresas por parte de biblispín. 

Estamos inquedos!!! 




E temos a sorte de que esta viaxe (a científica) se poida facer dende as bibliotecas, que non só acollen libros e outros materiais, senón que tamén acollen descubrimentos e camiños de aprendizaxe, cos éxitos e tamén os fracasos da ciencia e da tecnoloxía, porque cometer erros tamén é aprender. 

Amparo Alonso Betanzos