venres, 22 de marzo de 2024

UNHA TARDE MÁIS XOGOS EN FAMILIA

Hoxe pola tarde o profe Juanma ensinounos a xogar a estes xogos:
  • Sepentina
  • Piratatak
  • Misión cumplida
Aprendimos moito e xogamos máis!!!



mércores, 20 de marzo de 2024

domingo, 17 de marzo de 2024

17-M: UNHA BIBLIOTECA ESCOLAR EN IMAXES

Día do Cómic e do Tebeo é unha celebración  que pretende recoñecer o valor do cómic e do cómic, o peso da súa historia e a súa importancia no contexto actual, a súa diversidade, creatividade e calidade.

 
No curso 2023/24 as bibliotecas escolares de Galicia teñen como lema UNHA BIBLIOTECA ESCOLAR EN VIÑETAS, que quere poñer o foco en todas as posibilidades que a a banda deseñada ofrece tanto no goce lector como na aprendizaxe curricular.
 
Un curso para poñer en valor un xénero que cada vez adquire máis protagonismo na colección das bibliotecas escolares de Galicia. Para seguir concienciando que ler cómic tamén é ler, que favorece a primeira alfabetización e autonomía lectora grazas ao apoio visual. Que nos ofrece diferentes capas de lectura na que todos e todas atopamos un espazo ao tempo que favorece a alfabetización visual e artística e o desenvolvemeto da creatividade e a imaxinación. 

Lembrando cal é o logo da B.E este curso que está relacionado co cómic.


venres, 8 de marzo de 2024

8-M: POLA IGUALDADE!

Clicando na imaxe veredes un resumo da historia do 8-M


Actividades en Infantil 


En primaria os maiores do cole investigaron sobre mulleres importantes da historia.



A biblio encheuse de libros sobre mulleres. 

A megafonía do cole esta semana e a próxima música sobre mulleres!!!

Por un mundo en igualdade!!!!

8M: Investir nas mulleres, acelerar o progreso

 
 
 





















 "Ser dona de ti mesma. Coma a humilde deusa campesiña que te habita. Con calcetíns zurcidos e chanclos de ouro. A túa propia materia prima. Eu son un ser crónico a ti mesma. Dona de ti e de máis nada".
 
Novo, Olga. (2022). Cráter. Kalandraka Editora
 

 
O Día Internacional da Muller 2024 reivindica os dereitos das mulleres  baixo o lema: "Investir nas mulleres, acelerar o progreso", poñendo o foco nun mundo que se enfronta a múltiples crises que someten ás comunidades a unha inmensa presión, lograr a igualdade de xénero é máis vital que nunca. Garantir os dereitos das mulleres e as nenas en todos os ámbitos da vida é a única forma de asegurar o desenvolvemento sostible. 
 
A Axenda 2030 marca como obxectivo número 5: Lograr a igualdade entre os xéneros e empoderar a todas as mulleres e nenas. As bibliotecas deben apoiar a igualdade de xéneros e ofrecer lugares, e actividades, de encontro e empoderamento.
 
Na publicación elaborada polo Grupo de Traballo "Bibliotecas e Axenda 2030" do Consello de Cooperación Bibliotecaria: "A implicación das bibliotecas españolas na Axenda 2030"  apúntase que é tamén destacable o papel das bibliotecas, como institucións de fonte de coñecemento, á hora de acabar coa brecha de xénero, atender á diversidade de xénero, lograr a igualdade e  empoderar ás mulleres e as nenas. Concienciar, difundir e apoiar iniciativas na liña sinalada pola propia ONU: «a igualdade entre os xéneros non é só un dereito humano fundamental, senón a base necesaria para conseguir un mundo pacífico, próspero e sostible». Se se promove a igualdade no acceso á educación, á atención médica, a un traballo decente, e unha representación nos procesos de adopción de decisións políticas e económicas, impulsaranse economías sostibles, igualitarias e máis humanas. 
 
As bibliotecas  escolares de Galicia traballan, todo o curso, en prol dunha igualdade efectiva na nosa sociedade, formando cidadanía crítica. Arredor desta data promoven actividades coa lectura, o cine, a radio, a publicidade, a creación, a busca e tratamento da información ... 

xoves, 7 de marzo de 2024

mércores, 6 de marzo de 2024