mércores, 29 de novembro de 2023

ATA SEMPRE MESTRE!!!

 O pasado luns tivemos a triste nova de que nos deixara para sempre Miguel Ángel López González, popularmente coñecido como O Hematocrítico do Arte.


Os seus libros perdurarán no tempo. Na nosa biblioteca haberá sempre un oco especial  para eles.



luns, 27 de novembro de 2023

25-N NO SENSAT

Ao longo de esta semana estivemos traballando diferentes tipos de libroS sobre o 25-N


Fixemos un mural reivindicativo onde dixemos:
 NON É NON! 


e NA MEGAFONÍA SOARON CANCIÓNS SOBRE O 25-N


domingo, 26 de novembro de 2023

EXPOSITOR DO MES DA CIENCIA

 O 1 de novembro na última planta do cole Biblispín fixo un laboratorio creativo, para conmemorar o mes da ciencia en galego. 

Nel puxo diferentes tubos de decantación e materiais de laboratorio que había no cole cando existía o ciclo superior da EXB e usábanse estes materiais. 

Hai diferentes libros do apartado 5 da CDU que abrangue todo o relativo as Ciencias. Trouxo diferentes libros de textos nos que fai un repaso dende a EXB ata actualidade como as ciencias eran: Ciencias Naturais, Ciencias Sociais, Coñecemento do medio... 

Os alumnos de sexto para decoralo estiveron investigando sobre diferentes mulleres científicas e o expuseron na biblioteca do cole. Fixeron uns traballos impresionantes como pódese ver nas fotos.

Velaiquí o resultado foi un mes fantástico sobre todo un mes moi científico!!!!!  








sábado, 25 de novembro de 2023

25 N: UN POUCO DE HISTORIA

 Para entender a historia do 25 N remontámonos un século atrás, o século XX falando da historia das irmás Mirabal: 

Minerva, Patria y Maria Teresa eran 3 hermanas de la República Dominicana. Estas tres hermanas luchadoras  vivieron en una época de represión y se hicieron llamar las 3 mariposas. Lucharon por conseguir igualdad y más derechos para las mujeres y esto les costó su libertad. Fueron encarceladas y el 25 de noviembre de 1960 asesinadas. Naciones Unidas declaró este día com el Día Internacional de la Eliminación de la Violencia contra la Mujer.

No seguinte vídeo tendes un breve resumo da historia destas loitadoras. 



No colexio esta semana faremos unha actividade para erradicar este tipo de violencia, xa que como escribimos cada ano, gustaríanos que esta data borrárase do calendario sendo sinal de que a violencia contra a muller desapareceu das nosa vidas. 


25 N CON V DE VIÑETAS (NON VIOLENCIA)


Imaxe da biblioteca Safo do IES Espiñeira de Boiro.


 Fíxome dano.

 
Non foi a miña culpa.
 
Non vou deixar 
que iso
me mate.
 
Podo crecer.
 
Halse Anderson, Laurie e Carrol, Emily. (2018). cuéntalo. Ediciones La cúpula 
 



As bibliotecas escolares son espazos privilexiados para traballar valores democráticos, de igualdade e cidadanía, espazos únicos para a aprendizaxe da convivencia.
 
O 25 de novembro é unha data do calendario civil que as bibliotecas escolares integraron nas súas programacións porque cómpre unha chamada de atención fronte a actitudes larvadas  de violencia contra as nenas e as mulleres (con presenza nas relacións sociais, na publicidade ou en moitos produtos audiovisuais), que f  ixan valores contrarios á igualdade.
 
Un curso máis, seguimos necesitando accións para denunciar a violencia sistémica contra  as mulleres e as violencias cotiás exercidas contra nenas, mozas e mulleres de toda idade e condición en distintos espazos e ámbitos, tanto privados como públicos. Desde a ONU alertan de que "a violencia contra as mulleres e as nenas segue sendo unha das violacións dos dereitos humanos máis estendidas e xeneralizadas do mundo.

Calcúlase que, a nivel global, 736 millóns de mulleres -case una de cada tres- foron vítimas de violencia física e/o sexual polo menos unha vez na súa vida.

Trátase dunha secuela que se intensificou en diferentes contornas, incluídos o lugar de traballo e os espazos en liña, e viuse agravada polos efectos pospandemia, os conflitos e o cambio climático.
A solución radica en gran parte en respostas sólidas que invistan na prevención."
 
O #25N non é unha celebración, é unha data a borrar do noso calendario e imaxinario, pero até entón queda moito por facer, moitos muros por derrubar, non podemos, nin debemos, permitir un paso atrás. 


venres, 24 de novembro de 2023

luns, 20 de novembro de 2023

SEMANA CONTRA A VIOLENCIA DE GENERO

 O noso cole comeza a semana, escoitando cancións de mulleres contra a violencia de xénero. Porque como ben sabemos:

NON É NON

20 N: DÍA MUNDIAL DA INFANCIA

 Clicando na imaxe redirixevós a páxina web do cole onde poderedes ver as actividades que fixemos para conmemorar este día. 

venres, 17 de novembro de 2023

VENRES 17 DE NOVEMBRO: PORTAS ABERTAS FAMILIAS

 Agradecer a todas as familias que nos acompañaron o xoves e o venres na xornada de portas abertas da biblioteca. 

Seguiremos facendo actividades contando con vós!!!

Velaiquí fotos do venres cos asistentes

Pasámolo moi ben!!!







xoves, 16 de novembro de 2023

XOVES 16 DE NOVEMBRO: PORTAS ABERTAS FAMILIAS

 Moitas grazas familias pola vosa asistencia a primeira xornada de portas abertas da biblio, para coñecer un pouquiño máis o motor do noso centro!!! 

Maña repetimos!!












NON DAMOS CHEGADO!!!

As colas formanse para poder facer a piramide, pero Biblispín xa avisou que ata que todos os nenos fixeran a pirámide non se deixará de facer. 

Asi que acougade!!! 

mércores, 15 de novembro de 2023

ITINERARIO LECTOR DE PAIS

Clicando na imaxe tendes todos os libros que podedes a topar na biblioteca que son para pais. 

Animadevós a vir a polo voso libro!!!!

ALUCINAMOS CO RESULTADO!!!

 Estamos asombrados co resultado que estamos obtendo coa pirámide, CANTAS COUSAS NOS TRAE A CIENCIA E NON E SOLO FÍSICA E QUÍMICA. 

Ao ter aforo límitado, seguiremos facendo a actividade para que ningún quede sen facelo, xa que Biblispín quere que todos NOS ABRAIEMOS e ALUCINEMOS COA CIENCIA. 

A CIENCIA MOLA!!






domingo, 12 de novembro de 2023

MES DA CIENCIA: PIRÁMIDE HOLOGRÁFICA

 Comezamos o mes da ciencia facendo unha PIRAMIDE HOLOGRÁFICA, na biblio xa está todo listo para empezar. 

Os nenos colleran un número na porta porque temos aforo límitado para poder facer ben a actividade. 

Se clicades na imaxe poderedes ver un vídeo de como se fai, para que poidades facelo nas vosas casas!!! 

Esperamos que vos guste!!! 








sábado, 11 de novembro de 2023

11 DE NOVEMBRO: DÍA DAS LIBRARÍAS

 Hoxe é un día para reivindicar, unha vez máis, as librarías de proximidade, espazos que van máis alá da venda de libros, transformándose en motores culturais da comunidade.

Librarías con profesionais que entenden a literatura como algo non supeditado ás modas. Libreiros e libreiras que consiguen o imposible, que nos axudan a conformar unha colección rigorosa nas nosas bibliotecas. Librarías que son espazos de acubillo para alumnado e familias, con múltiples actividades compartidas.

É necesario coñecer e preservar a cadea do libro.

FONTE: BIBLIOTECAS ESCOLARES

mércores, 1 de novembro de 2023

MES DA CIENCIA EN GALEGO

 


"A ciencia é un dos sabores do saber. Para degustala, é moi importante a nosa participación activa, e o grande activador é a curiosidade. Precisamos formular preguntas para saborear a ciencia e a lingua pemítenos degustala, e tamén é a canle para contar e escoitar as respostas".

Elena Vázquez Cendón
 
Desde a Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades, en colaboración coa Secretaría Xeral de Política Lingüística, vense impulsando a celebración anual do mes de novembro como o MES DA CIENCIA EN GALEGO NAS BIBLIOTECAS. Iníciase esta actuación coa elección dunha imaxe e a difusión dun texto, a modo de MANIFESTO, de Elena Vázquez Cendón, doutora en matemáticas, Decana da Facultade de Matemáticas da USC, membro do Consello da Cultura Galega, presidenta do Estalmat-Galicia e Premio María Josefa Wonenburger no 2022.
 
O manifesto para este ano 2023, baixo o título "Sementeiras de curiosidade científica" abrirá moitas rutas de traballo e investigación coas que poder sementar e degustar a ciencia nas nosas bibliotecas escolares.
 
Desde a Asesoría de bibliotecas escolares realizouse unha recompilación de recursos dixitais , relacionados coa ciencia, en galego, que se pon a disposición de todas as bibliotecas: libros e unidades didácticas descargables en formato pdf, páxinas web de institucións, museos e asociacións de profesores e divulgadores científicos, convocatorias e propostas, blogs de ciencia dos centros educativos, experiencias de bibliotecas escolares, etc.