martes, 27 de febreiro de 2024

DÍA DE ROSALÍA DE CASTRO

 Os alumnos de 5º xunto con 1ºA e 1ºB estiveron realizando un taller sobre a figura de Rosalía de Castro, foi unha actividade lúdica moi entretida na que os maiores axudaron os máis pequenos!!

Canto aprendemos facendo estas actividades!!!



ACTIVIDADE  1ºA - 5º







ACTIVIDADE 1ºB - 5º








mércores, 21 de febreiro de 2024

OS NENOS CONTAN: POMODORO

 O pasado martes o alumnado do cole que este curso estamos inmersos en Faro da Escola tivemos a visita de Titimoki. 

O alumnado de 1ºB quixo narrar a súa obra Pomodoro. 

Velaiquí o resultado! Desfrutade escoitando!





ACTIVIDADE DE TITIMOKI

 Este martes contamos na nosa biblioteca coa visita da  ilustradora Laura TITIMOKI. O alumnado de primeiro a terceiro poido gozar desta actividade que está incluída no programa Faro da Escola da editorial de Faro de Vigo.

Explicou o proceso de creación dun conto partindo dunha idea-ilustracion inicial.

Foi unha actividade excepcional!!













martes, 20 de febreiro de 2024

domingo, 18 de febreiro de 2024

VISITA DO ILUSTRADOR: PABLO PRADO

 Este curso estamos inmersos no proxecto da editorial de Faro de Vigo que se chama Faro da Escola. 

Grazas a esto hoxe contamos coa visita na nosa biblioteca do ilustrador Pablo Prado. 

Pablo explicoulles ao alumnado de cuarto a sexto o seu traballo como caricaturista e ilustrador.









domingo, 11 de febreiro de 2024

 

No ano 2015, a ONU estableceu un Día Internacional para recoñecer o rol crítico que xogan as mulleres e as nenas na ciencia e a tecnoloxía, a través da Resolución A/RES/70/212. A finalidade é lograr o acceso e a participación plena e equitativa na ciencia para as mulleres e as nenas, e ademais para lograr a igualdade de xénero e o empoderamento das mulleres e nenas.

 
Lembremos que a ciencia e a igualdade de xénero son vitais para alcanzar os ODS,  incluidos na Axenda 2030, nos que moitas das nosas bibliotecas escolares están a traballar.
 
Esta é unha data que cada ano se traballa máis nas bibliotecas cara a paliar a brecha de xénero nos sectores STEAM, visibilizando o traballo das mulleres nestas áreas e coñecendo as dificultades que atopan. Visitas de científicas, seleccións de lecturas, traballos de investigación e experimentación... son algunhas das actividades que ocupan os espazos científicos, creativos, manipulativos e colaborativos das mesmas.

sábado, 10 de febreiro de 2024

ARTELLANDO DISFRACES!!

 Onte, para dar comezo as vacacións do Entroido, celebramos unha gran festa coa temática do cole deste ano: ARTE-llando soños!

4º, 5º e 6º de Educación Infantil: Yayoi Kusama

1ºA Educación Primaria: pintores

1ºB Educación Primaria: Reloj derretido de Dalí

2º Educación Primaria: Velázquez

3º Educación Primaria: Pop Art de Andy Warhol

4º Educación Primaria: Vincent van Gogh

5º Educación Primaria: René Magritte

6º Educación Primaria: Wassily Kandisnky

Claustro:

xoves, 1 de febreiro de 2024

CONTACONTOS PIRATA

 Moitas grazas profe Rebeca pola tarde tan divertida que nos fixeches pasar entre tesouros e islas perdidas. 

Grazas as familias que viñeron a desfrutar desta lectura!!