luns, 15 de decembro de 2014

FESTIVAL DO NADAL

O Venres 19 de Decembro celebramos no cole  o noso FESTIVAL DE NADAL 2.014 .Comezará ás 10.

O Equipo da Biblioteca Escolar do CEIP “JAVIER SENSAT” quere transmitirvos os nosos mellores desexos para o 2015 e que disfrutedes moito do Nadal.



E lembrade UN LIBRO É O MELLOR AGASALLO


Adxuntamos unha boa selección de lecturas recomendadas, feita, polo EDLG do Morrazo

martes, 11 de novembro de 2014

MAGOSTO NO CEIP JAVIER SENSAT




Celebramos o MAGOSTO o MARTES 11 de Novembro.Saboreamos as quentiñas castañas, recollidas en recipientes artesáns decorados polos nenos e nenas ,fixemos as fogueiras, saltámolas e enfarruscámonos a gusto.


A palabra Magosto, ademais doutros significados,designa unha celebración festiva e popular, tradicional de toda Galicia,organizada en torno á recollida das,  castañas. Aprovéitase tamén para probar o primeiro viñonovo.

RECEITAS CON CASTAÑAS
CASTAÑAS COCIDAS CON LEITE
Ingredientes:
500g deCastañas
Leite
Azucre
Mel
Preparación:
1º Móndanse as castañas.
2º Póñense a cocer en auga con sal e fiuncho.
3º Quítaselles a 2ª pel.
4º Bótannse nuha cunca e engádeselles leite .
5º Sirvense quentes e acompañadAS do mel do pais.

TARTA DE CASTAÑAS
Ingredientes:
400grs de fariña de trigo
6 ovos
300grs de azucre
2 culleradas de azucre
2 culleradas de levadura
raiadura de limón
Preparación:
Bater os ovos co azucre e a raiadura de limón. Engadi-la fariña coa
levadura. Despois agregar as moídas e mezclar todo ben. Untar un
molde con margarina, bota-la mezcla e meter no forno durante 30
minutos a 150º.

venres, 7 de novembro de 2014

CONTOS PARA EDUCAR


Cuentacuentos «Crisol y su estrella»



CONTACONTOS: Martes 4 de Novembro na Biblioteca do cole
“Crisol e a súa  estrela” de Begoña Ibarrola
[Nun lugar do universo chamado Terra Cristal vivía un pobo que falaba coas estrelas. Cando un neno ou unha nena de Terra Cristal cumpría sete anos, facíase unha grande festa e escollía unha estrela para comunicarse con ela. Crisol estaba nervioso, porque esa noite celebraba a súa festa de aniversario e despois elixiría a súa estrela…

UN CONTO SOBRE A CONFIANZA NUN MESMO]

 



mércores, 29 de outubro de 2014

O Equipo da BE do CEIP “JAVIER SENSAT”
quere felicitar a tódalas familias e por suposto
os nenos/as que con moitísima  ilusión e imaxinación fixeron posible a creación do noso Concurso/Exposición:LER CON ARTE




venres, 17 de outubro de 2014

DÍA DAS BIBLIOTECAS

LER CON
 ARTE
Estimadas familias:
De novo o Equipo da Biblioteca Escolar solicita a vosa colaboración para celebrar o  DÍA DAS BIBLIOTECAS (24 de Outubro).
Este curso 2.014/15  o tema núcleo é: VIVINDO A ARTE NA ESCOLA.
Queremos facer un CONCURSO DE CARTEIS que  anuncien a nosa Biblioteca Escolar e que contribúa ao fomento da lectura a través de mensaxes visuais que estimulen o hábito lector
Contamos coa colaboración de tod@s as familias. Podedes utilizar todo tipo de técnicas e materiais:pintura de témpera, collage...
Sabemos que a vosa creatividade e imaxinación e impresionante.

Data límite de entrega dos traballos :MARTES 21 de Outubro 

Entrega de Premios.Venres 24 de Outubro
Lugar:Salón de actos
MOITAS GRAZAS

luns, 6 de outubro de 2014

BIBLIOTECA ESCOLAR...MATEMÁTICO!!!

A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, no contexto das actuacións do PLAN LÍA de bibliotecas escolares (Lectura, Información e Aprendizaxe), publica cada ano uns carteis divulgativosque pretenden facer visible as distintas posibilidades da biblioteca escolar como apoio ao desenvolvemento do currículo e como instrumento fundamental para a formación das persoas lectoras. 
O lema elixido para este curso 2014/2015, Biblioteca escolar... matemático!!!, salienta o papel imprescindibe da biblioteca escolar nos centros educativos e busca espertar, ao tempo, o interese polas matemáticas. A ilustración corresponda á interpretación que deste lema fixo David Pintor

mércores, 10 de setembro de 2014

COMEZAMOS UN NOVO CURSO

Xa estamos de volta, un novo curso comeza, novos retos para superar e moito por aprender e descubrir . 

Vos esperamos o mércores día 10 de setembro as 9:00h.

Benvidos!

Comezada xa a actividade escolar 2.014/15), a biblioteca escolar bota a andar coas primeiras actividades.
Este ano o noso tema nucleo é para "ENCANTARTE".

"VIVINDO A ARTE NA ESCOLA"

luns, 9 de xuño de 2014

EN FESTAS!!!
Foi o tema núcleo de traballo durante todo este curso escolar 2013/14 que xa está chegando a seu fin ,aínda que seguimos en Festas coa mais entrañable de todas a FESTA FIN DE CURSO  ,co paso dos pequenos de Educación Infantil de 5 anos á etapa de E.Primaria e coa Graduación e despedida dos nosos queridos alumnos/as de 6ºA y B .

A BIBLIOTECA ESCOLAR pechará as portas durante o verán e BIBLISPÍN  quere animádevos a ler moito e entrar no marabilloso mundo da imaxinación
MOITA SORTE A TODOS/AS

mércores, 14 de maio de 2014

DÍA DAS LETRAS GALEGAS(17 de Maio)

   Para celebrar o Día das
LETRAS  GALEGAS, dedicado este ano a XOSÉ MARÍA DÍAZ CASTRO:
  • 15 de abril as 11:30 teremos a actuación do grupo TROULA
  • 16 de Abril as 12:15 FESTIVAL do CEIP “Javier Sensat”

mércores, 23 de abril de 2014

DÍA DO LIBRO

O Día do Libro (tamén denominado Día Internacional do Libro e Día Mundial do libro) é un acontecemento anual que se celebra o 23 de abril. A festa celebrouse por primeira en  1995( UNESCO) e coa idea de fomentar a lectura, a edición e publicacións impresas e os dereitos de autor.
En España a xornada comezouse a celebrar oficialmente o 7 de outubro de 1926, en conmemoración do nacemento de Miguel de Cervantes Saavedra


DÍA DO LIBRO NO JAVIER SENSAT
Todos xuntos expresamos  as sensacións do noso libro