Os días 9 e 10 de Xuño para rematar o trimestre adicado Ó CÓMIC contaremos en noso cole CEIP"JAVIER SENSAT" coa presencia de ANXO FARIÑA
ANXO FARIÑA TEMPRANO, nado en Vigo en 1977, é un ilustrador, escritor e deseñador de libros infantís e xuvenís galego.
Destaca a súa utilización da cor, e un estilo de debuxo áxil e sinxelo. Nas súas historias mestúrase o humor coa aventura, sen descoidar a incidencia en temas sociais.