martes, 31 de maio de 2022

CHARLA SOBRE DROGODEPENDENCIA

 Hoxe, 31 de maio de 2022, desenvolveuse no salón de actos do colexio unha charla sobre "Que deben saber os pais/nais sobre as drogas" patrocinado polo Concello de Vigo dentro do seu PLAN LOCAL SOBRE DROGODEPENDENCIAS E OUTRAS ADICIÓNS,  e incluído no programa MÁIS QUE UN TEITO. Non podemos esquecer, tamén, a colaboración de ÉRGUETE.

A psicóloga, Lucía Simón, tentou mellorar a calidade da información sobre drogas de que dispoñemos pais/nais e mestres/as, e sobre todo mellorar as actitudes preventivas, que está claro que é a clave do éxito. Debemos ensinar a decidir, educar a persoas que non necesitan sustancias para divertirse, evadirse e relaxarse, promover condutas saudables onde non lles compensa consumir e aprender a auto regularse e pór límites, facendo moito fincapé na resistencia á presión de grupo e acadar unha boa autoestima nos nosos/as fillos/as ou alumnos/as.

Agradecemos a presencia dos pais/nais que acudiron ao colexio para interesarse sobre o tema.

Déixamosvos unha mostra do que se tratou na charla. 

FONTE: PÁXINA WEB DO COLE


REMATAMOS UNHA ETAPA

 Eu Biblipín gústame poñer noticias como estas, xa que aqueles rapaciños que coñecín en 3 anos rematan xa unha etapa das súas vidas, entraron sendo uns nenos e agora marchan feitos uns rapaces con moitos libors as súas costas.

Por iso o noso alumnado foi facer unha visita ao instituto, onde atoparonse con antigos amigos meus que marcharon o curso pasado. 

Cantos nervios e cantos sentimentos novos, que nos deparará este novo destino? 


Moitos estivechedes investigando como sería esta nova etapa con este libro: 


Esperovos na biblio a vosa casa para que me contedes se as cousas son como di o libro ou ben que a realidade supera a ficción. 


Saudiños!!!!

luns, 30 de maio de 2022

VISITA DO INSTITUTO DE INVESTIGACIÓNS MARIÑAS

 Dentro do PDI do centro "50 anos a caron do mar" tivemos a visita do centro de investigacións mariñas para que nos ilustrasen sobre máis cousas que non coñecemos do mar: 

APRENDIMOS MOITO!!!





venres, 27 de maio de 2022

CONTINUAMOS CO MAR

 Dentro do proxecto do mar que están realizando os nenos de 3 e 4 anos o venres foron ver como lle dan de comer aos peixes no "Museo do Mar" foi unha xornada moi sorprendente que tivo moitisimas sorpresas: 



xoves, 26 de maio de 2022

ENQUISA ALUMNADO

 Clicade na imaxe para respostar as diferentes cuestións sobre a biblio 

Grazas por participar!!! 




xoves, 19 de maio de 2022

I CERTAME LITERARIO: RELATO CURTO

O EDLG e a biblioteca deron o pasado venres 13 os premios do certame literario con motivo do día das letras galegas. 












Noraboa a todos os participantes e as súas familias!!!!  

martes, 17 de maio de 2022

FELIZ DÍA DAS LETRAS GALEGAS!

Clicade na imaxe para ver a homenaxe que os nosos nenos fixeron a Florencio Delgado autor homenaxeado do 2022. 

Feliz día das letras galegas desfrutade como nos vendo o vídeo!! 


BO DÍA DAS LETRAS GALEGAS!!!

sábado, 14 de maio de 2022

LETRAS GALEGAS 2022

O venres para conmemorar o día das letras galegas levamos a cabo un Lipdub con todos os membros da comunidade educativa. Cando este listo mostrarémolo. 

Mentres tanto deixámosvos este vídeo que foi feito polos compañeiros do CEIP San Pio X de Ourense no que nos explica a vida e obra do homenaxeado. 


Despois de este vídeo eu Biblispín quero que desfrutedes dunha boa ponte das letras galegas!! E lembrade:

 "Sacar a lingua polo galego"

xoves, 12 de maio de 2022

SAIMOS NA PRENSA!!

 Ao clicar na imaxe podedes ver a noticia na que saímos polo premio Digicraft. Durante uns días estará na nosa biblio para que todo o alumnado poida ver o traballo que fixeron e que despois representarán na final nacional en Madrid.

Noraboa nenos e mestres!



mércores, 11 de maio de 2022

ESTAMOS DE NORABOA

 Hoxe o noso cole representados polo alumnado de 6ºA e 6ºB e os profes Manu, Beli, Juan e Sonia participaron no concurso de Digicraft no que quedamos na: 

1º POSICIÓN 

Noraboa a todos polo voso esforzo e sobre todo ao noso mestre Juan que fixo todo o posible para que isto funcionase. 

Todo isto levouse a cabo ao longo do curso dentro do espazo maker (que atopase na biblio) e aula maker que ten o noso cole. 

¡¡¡GRAZAS A TODOS!!!

martes, 3 de maio de 2022

MARTES DE MAIO: RETOS!!!

 Comezamos o mes de maio adicándolle todos os martes de mes para facer retos, tanto profes como alumnos. 

Velaiquí algunhas fotos deses retos, alguen se anima a contestalo nos comentarios do blogue? 

ÁNIMO!!!!! 



luns, 2 de maio de 2022

ENSINAME A QUE NON ME ODIEN!

 Hoxe 2 de maio os nenos do cole gustaríanos que foxe unha data para non tener que conmemorar nada xa que é "O DÍA DO ACOSO ESCOLAR" e queremos loitar por que se acabe esta pegada que moitas veces ocorre na nosa contorna de moitas formas. 

No cole fixemos diferentes dinámicas propostas polo Departamento de Orientación, así como o visionado de diferentes vídeos e películas. 

Biblispín deixavos este video e tratar de que o que ocorre no video non ocorra ao noso redor. 

domingo, 1 de maio de 2022

COMEZAMOS CO HORTO

 Coa axuda de Biblispín e os seus libros sobre diferentes prantas e legumes para sementar, ao carón das vivendas do cole comezamos a sementar  no noso horto. 

Esta actividade está enmarcada dentro do Contrato Programa Edusostebilidade, que non sería posible sen a axuda e asesoramento do noso antigo compañeiro e mestre Manuel Cid e levada a cabo e coordinada por Juan.