luns, 29 de abril de 2024

CONTACONTOS DE FAMILIAS

 Hoxe  os pais de Martín viñeron contar o contó  “Las jirafas no pueden bailar”

Despois fixemos una actividade e creamos xirafas chulisimas!

Moitas grazas pola xornada lectora e creativa que tivemos!




venres, 26 de abril de 2024

LEDICIA COSTAS

 Onte contamos coa visita da escritora Ledicia Costas que visitounos para falar dos seus libros que limos os rapaces de 3º e 4º e 5º e 6º. 

Deunos tamén algúns truquiños para o noso certame literario sobre como podemos facer cando a inspiración non chega! 

Para rematar a actividade asinounos no libro de visitas e os contos que xa leeramos!

Moitas grazas pola visita esta e túa casa para cando queiras vir contar máis contos!


CONTACONTOS DE FAMILIAS

 Hoxe a mamá de Tomás veunos contar o conto "¿Eres un monstruo?", logo coa súa axuda fixemos un monstruo que daba moito medo!!

Moitas grazas por este conto tan monstruoso!!!

CONTACONTOS DE FAMILIAS

 A mamá de Valentín veunos contar hoxe "o conto a que sabe a lúa?" e logo construimos un cohete coa súa axuda.

Moitas gracias por estas actividade tan bonita!!!

CONTACONTOS DE FAMILIAS

 Romina, nai de Nicolás, de 5 anos veunos contar o conto "La manta que abraza". 

Gustounos moito non pestañeamos ningún momento ao longo do conto!!!

xoves, 25 de abril de 2024

XOGOS PARA CREATIVA E FAMILIAS


AS NOSAS NAIS CONTAN

 Hoxe Salomé mamá de Jaime de 5º veu ao cole a contarnos a súa profesión como arquitecta un traballo que durante moitos anos foi asociada a xénero masculino. 

Moitas grazas pola visita e o aprendizaxe!!

mércores, 24 de abril de 2024

CONTACONTOS DE FAMILIAS

 Hoxe a nai de Hugo, Sofia veunos contar o conto "La pandilla de los 11" de Rocio Bonilla. Ademáis Hugo foi o seu axudante!!!

Moitas grazas por este conto tan xenial!!

martes, 23 de abril de 2024

DÍA DO LIBRO NO PATIO





23-A: DÍA DO LIBRO

Hoxe é o día do libro e Biblispín vaino celebrar como se merece. 

Clicade na imaxe para saber un pouco máis sobre o día do libro!! 


Hoxe as 12:00 teremos o xa tradicional Apadriñamento Lector entre maiores e pequenos!

martes, 16 de abril de 2024

EXPOSITOR DE DINOSAURIOS

 A pasada semana un neno de 5 anos fixolle este agasallo a escola e a Biblispín que encantalle ler fixo un expositor sobre os dinosaurios e a evolución. 

Os nenos o velo quedaron abraiados e encantoulles! 

luns, 15 de abril de 2024

CHARLA NAVEGA CON RUMBO

 O alumnado tivo a charla de Navega con Rumbo sobre os perigos que entrañan a internet e como protexerse. 

Foi unha charla moi interesante e onde aprendimos que internet é unha boa ferramenta pero hai que manexala con coidado!



venres, 12 de abril de 2024

CHARLA PLAN DIRECTOR

Hoxe o alumnado de 6º contou coa charla da Policia Nacional enmarcada dentro do plan director. 
Aprendimos moito e dámoslle as grazas de  todo o que nos viñeron ensinar!!!!

xoves, 11 de abril de 2024

CONTACONTOS NA BIBLIO

Onte a profe Belén fixo un contacontos pola tarde, tivo moita expectación e os alumnos estaban todos entusiasmados!

Esperamos ansiosos o seguinte conto!

martes, 9 de abril de 2024

venres, 5 de abril de 2024

xoves, 4 de abril de 2024

VISITA DE RAMÓN VEIGA

 Os alumnos de EI 5 anos coñeceron hoxe o escritor Ramón Veiga que explicoulles o conto que xa leran "Violeta" 




Os alumnos de 1º e 2º ensinounos a facer debuxos e asinounos o libro de lectura que limos. Que maravilla escoitar os autores como nacen os contos. 



Despois de todas as explicacións e grandes ensinanzas asinounos no libro de visita!



Moitas grazas pola túa visita Ramón, esta será sempre a tua biblioteca!!! 

martes, 2 de abril de 2024

2 ABRIL DÍA DO AUTISMO




Día mundial del autismo ..' todas las piezas encajan" infantil 5 años



O cole engalanoúse con globos azuis para conmemorar este día!!!!
 

DÍA DO LIBRO INFANTIL 2024



Sobre as alas, os contos viaxan. Desexando sentir o latexo do teu corazón.
 
 
Son o Conto Viaxeiro. Vou voando a calquera sitio.
Ás veces vou nas alas do vento. Outras, nas alas das ondas.


E outras nas aliñas dun gran de area.
Por suposto, tamén subo nas alas das aves migratorias.


E, de cando en vez, incluso nas dos avións.
Despois, sento ao teu carón, abro as miñas páxinas e cóntoche a historia que queiras.


Quizais unha historia fantástica?
Ou prefires unha historia triste? De medo?
Unha para rir ás gargalladas?
E se polo de agora non queres escoitar ningunha, non pasa nada.


Seguro que algunha vez terás ganas. Daquela, chámasme. Non tes máis que dicir:
«Conto Viaxeiro, ven aquí!», e irei voando ao teu lado. 
 
 
Como en anos anteriores, o IBBY (International board on books for young people) chama á conmemoración do Día do Libro Infantil o 2 de abril, data de nacemento de Hans Christian Andersen. O obxectivo é promocionar os bos libros infantís e xuvenís e a lectura entre os máis novos. 

 
A sección patrocinadora deste ano é Xapón que difunde a mensaxe de Eiko Kadono e o cartel de Nana Furiya co lema "Navega polos mares coas alas da túa imaxinación".