mércores, 30 de xaneiro de 2013

MARÍA MENÉNDEZ-PONTE NA BIBLIOTECA DO SENSAT

Cóntoche que María Menéndez-Ponte está a maior parte do tempo nos biosbardos. Si, si como o oes, desde cativa, en canto se descoidaba, o seu cerebro empezaba a idear historias,números de circo e unha chea de aventuras.Pero esa imaxinación serviulle para escribir libros marabillosos.




Hai pouco recibiu o premio Cervantes Chico, un dos máis importantes da literatura infantil 

mércores, 23 de xaneiro de 2013

COPLAS POLA PAZ

Día Escolar da Paz e a Non Violencia, en memoria de Mahatma Gandhi.Estes días dialogamos especialmente sobre o tema,
ambientamos o noso colexio,aprendemos cancións… 
Este ano para celebrar o día da PAZ os nenos/as do Javier Sensat cantarán en vivo e en directo unhas bonitas coplas que se traballarán nas aulas ao longo deste mes. Coplas pola PAZ que nos axudarán a reflexionar a maneira de ser mellores persoas e facer un mundo mellor para tod@s (Celebración:día 31 de XANEIRO).

luns, 21 de xaneiro de 2013

FINA CASALDERREY ACADÉMICA ELECTA DA RAG



      FINA CASALDERREY 


O curso pasado visitounos unha figura moi grande e moi viva, como é a nosa valorada e premiada Fina Casalderrey.A súa obra é inmensa, e dende o noso cole achegamonos a ela a través dalgúns libros escollidos para os diferentes niveis e disfrutamos moitísimo coa súa presenza.

Fina Casalderrey(Pontevedra 1951) será a primeira autora de literatura infantil e xuvenil(LIX) que terá cadeira na Real Academia Galega.

Hoxe celebramos o seu ingreso na REAL ACADEMIA GALEGA(RAG).
NORABOA FINA. Estamos orgullosos de coñecerte!!!

martes, 15 de xaneiro de 2013

CALENDARIO DO LIBRO E DA LECTURA 2013

A Consellería  de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria publica un calendario para este ano 2013 con datas importantes, aniversarios,conmemoracións...relacionadas co mundo do libro e da lectura

                        

xoves, 10 de xaneiro de 2013

COMEZA 2.013

 


Comezamos con moitas ganas  un novo ano, 2013 cheo de novidades.
Seguimos a traballar o noso tema: "LENDAS...HABELAS, HAINAS!!!"con novas propostas moi interesantes.Vos esperamos