martes, 22 de decembro de 2020

BOAS VACACIÓNS!!!

Xa rematou o primeiro trimestre con moitisimas novidades.
Fíxose moi curto!! Despídome de vos para vernos de novo no mes de Xaneiro. Moitos bicos e desfrutade lendo moito!!! BO NADAL!!

xoves, 10 de decembro de 2020

DÍA 10 DE DECEBRO: Día da Declaración Universal dos Dereitos Humanos.

Velaquí  a miña sorpresa: xa temos unha BIBLIOTECA INCLUSIVA!!
A temática é fundamentalmente sobre a atención á diversidade e que mellor data para inagurala que hoxe día 10 de DECEMBRO no que especialmente  lembramos que todos somos iguais.

luns, 26 de outubro de 2020

ACTIVIDADES DO DÍA DAS BIBLIOTECAS ESCOLARES

Durante o día das bibliotecas escolares todos os nenos do cole fixemos un vagón, para crear o noso tren lector. Esperemos que vos guste!!!
Para rematar o día a nosa mascota Biblispín agasallounos cun pequeno detalle no que tiña unha frase moi fermosa: "Cada páxina é un agasallo"

mércores, 7 de outubro de 2020

A NOVA BIBLIOTECA

Aquí deixovos as fotos de como atopáronse os nen@s a biblioteca con todos os cambios e novivades. Por certo queda unha sorpresa máis desta inaguración... pero verémolo en decembro!!!!

martes, 6 de outubro de 2020

CAMBIOS NA BIBLIOTECA POR MOR DA COVID

Ola a todos, como xa sabedes este ano a BE  é moi diferente e eu Biblispín tamén tiven que facer unha serie de cambios para que no teñamos contaxios, pero como xa sabes e vos dixen, nas novas normas da biblioteca, "O COVID non vai deter nunca as nosas inquedanzas por ler".
Aquí vos deixo unhas fotos de como esta a biblio:

luns, 5 de outubro de 2020

NORMAS USO DA BIBLIOTECA