martes, 21 de decembro de 2021

BO NADAL

Biblispín xunto co equipo de biblioteca querevos desexar un bo nadal, neste trimestre que remata queremos dar as grazas aos profes pola axuda que tivemos para facer unha gran mudanza.

Valorar o gran cambio que a nósa biblio esta a experimentar cambios  a un novo espazo, por unha parte danos moita pena xa que o espazo que ocupabamos antes era onde estivo sempre dende que comezou o centro, pero é un momento de cambio e novas aventuras lectoras. 

Creemos que neste 50 aniversario do cole unha das mellores formas de celebralo e dandolle a importancia a biblio neste novo espazo e comezando esta nova andadura maker e espazo de encontro. 

O 2022 traeranos moitas e diferentes actividades, pero para facer a espera máis rápida deixamosvos as nosas recomendacións lectoras.