mércores, 30 de outubro de 2013

SAMAIN

Hoxe no salón de actos para celebrar o samain os alumnos/as do cole fixeron lectura colectiva de diferentes obras relacionadas con esta celebración, fixeron
As voces dos diferentes personaxes

COMO LEN!! 
Lecturas temáticas;
Corre ,corre Cabaciña(Videoconto)
Samaín de Clara de Saá
Os barbanzóns:(A noite de Samaín)(Cómic) de Pepe Carreiro
Os Bolechas van á festa dos Calacús de Pepe Carreiro

xoves, 24 de outubro de 2013

A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, no contexto das actuacións do PLAN LÍA de bibliotecas escolares (Lectura, Información e Aprendizaxe), publica cada ano uns carteis divulgativos que pretenden facer visible as distintas posibilidades da biblioteca escolar como apoio ao desenvolvemento do currículo e como instrumento fundamental para a formación das persoas lectoras. 
O lema elixido para este curso 2013/2014, LER CIENCIA NA BIBLIOTECA ESCOLAR,trata de sensibilizar sobre a importancia da lectura de textos de carácter científico, de textos divulgativos ou de textos literarios que tratan temas relacionados coa ciencia. Todos estes contidos teñen cabidana biblioteca e enriquecen a bagaxe lectora do alumnado. A ilustración é de PATRICIA CASTELAO

mércores, 2 de outubro de 2013

DIA DA BIBLIOTECA

DÍA DAS BIBLIOTECAS: 24 de Outubro.   
  
 Este curso 2.013/14  o tema núcleo será “EN FESTAS!”.
Coñeceremos así as festas e tradicións mais representativas  da nosa terra dende a “Brincadeira” en Bouzas que é unha festa do Medievo ata “A festa Viquinga” de Catoira e moitísimas mais.
Para comezar este tema a PRIMEIRA FESTA será A da BIBLIOTECA .
Queremos facer, para celebrar este día, unha Exposición
co tema QUERO SER ESCRITOR/A,así deseñaremos a portada e o título do libro que gustaríanos escribir, quen sabe!!! Alguén pode animarse!!! Contamos coa colaboración de tod@s as familias,Sabemos que a vosa creatividade e imaxinación e impresionante,
xa o vimos noutas ocasións.