venres, 28 de outubro de 2022

DESPEDIMOS A NOSA MESTRA

 Hoxe a nosa biblioteca está un pouco triste xa que a nosa querida mestra Rosa Vila xubílase despois de quince anos no noso centro e vintecinco ensinando noutros coles.

Dende aquí queremos desexarlle unha boa xubilación e que imola estrañar moito. 

Boa Xubilación Rosa!!! 

Velaiquí un agasallo de Biblispín para que non o esquezas. 

xoves, 27 de outubro de 2022

CONTACONTOS DÍA DAS BIBLIOTECAS

 Con motivo do día das bibliotecas escolares os alumnos maiores fixeron un contacontos que foi todo un éxito.

O rematar de escoitar o conto a través da tablet da biblio puntuaron como o fixeron os compañeiros maiores e podemos dicir que son uns gran contadores de contos. 

Noraboa!!! 





mércores, 26 de outubro de 2022

martes, 25 de outubro de 2022

DÍA DAS BIBLIOTECAS ESCOLARES

 Onte no colexio celebramos o día das bibliotecas escolares, no que Biblispín deunos as Mochilas Viaxeiras para poder desfrutar da lectura coas nosas familias. 

Que aventuras nos deperará esta mochila!!! 





 

luns, 24 de outubro de 2022

HALLOWEEN - SAMAÍN

 O equipo de biblio xunto co Equipo de Plurilingüísmo e o Equipo de Dinamización da Lingua Galega en conxunto celebramos a festa de Samaín e Halloween que desenvolverase ao longo de toda esta semana, polo que a nosa biblio enchéuse de libros terroríficos. 

Atreveste con algún?







24 DE OUTUBRO: DÍA DAS BIBLIOTECAS ESCOLARES


 "A edición deste ano, baixo o lema “BiblioTEcuida”, céntrase en destacar o papel das bibliotecas de diferente tipoloxía como espazos libres e abertos que, a través dos seus diversos servizos e recursos, preocúpanse por atender as necesidades dos seus usuarios. As bibliotecas están abertas a toda a cidadanía e son un piar fundamental ao servizo das comunidades ás que pertencen."

As bibliotecas escolares galegas amosáronse, e continúan facéndoo, como unha ferramenta ao servizo da comunidade educativa ofrecendo recursos, información e apoio. Cómpre reivindicalo e celebrar que son xanelas para ler, espazos onde aprender e lugares para descubrir.

A biblioteca escolar, esa biblioteca pola que pasan todas as nenas e todos os nenos do país, a primeira biblioteca que lles aprende, tamén, a usar outras, que os pon en contacto con eses outros espazos do coñecemento e do lecer, eses lugares nos que pasan moitas cousas, que son as bibliotecas públicas, eses lugares que están sempre ao noso carón: as BIBLIOTECAS

Este curso, o lema das bibliotecas escolares de Galicia  ESCRIBIR A BIBLIOTECA ESCOLAR , e  quere poñer o foco en todas as formas de escrita que cuida e ofrece a biblioteca escolar . A escrita como medio de comunicación, expresión, creación, información e coñecemento. aproveitado por algunhas das bibliotecas para esta celebración. 

FONTE: BIBLIOTECAS ESCOLARES

xoves, 20 de outubro de 2022

OS MÁIS PEQUENOS DO COLE COÑECEN...

 Os alumnos máis pequenos do cole descubriron os diferentes espazos que a nosa biblioteca e Biblispín ofrecennos, velaiquí unha pequena mostra. 




mércores, 19 de outubro de 2022

SEGUEN CHEGANDO!!!

 Con estas últimas novidades temos os noso recuncho de xogo case completo, estamos argadando a que os alumnos nos recreos os desfruten aínda que moitos titores xa os están levando cara as aulas. 

Que maravilla!!!!











luns, 17 de outubro de 2022

DÍA DAS ESCRITORAS: ANTES DURANTE E DESPOIS DAS GUERRAS

 Día das Escritoras é unha iniciativa promovida pola Biblioteca Nacional de España en colaboración coa  Federación Española de Mujeres Directivas, Ejecutivas, Profesionales y Empresarias (FEDEPE) e coa Asociación Clásicas y Modernas. Desde 2016 búscase reivindicar o labor e o legado das escritoras a través da historia.

Como en edicións anteriores, a data elexida é o luns máis cercano á festividade de Teresa de Jesús, o 15 de outubro. A VII Edición celébrase este ano 2022 o 17 de outubro baixo o lema "Antes, durante e despois das guerras"

A escritora Carmen Domingo, é a comisaria esta VI Edición do Día das Escritoras 2022

“Un ano máis recuperamos a palabra de mulleres escritoras que nos seus textos reflicten sentimentos, procuras e loitas. Mulleres valentes cuxa obra, en moitas ocasións, foi ignorada. Rescatar hoxe a súa voz é un acto de xustiza e recoñecemento cara a todas elas”.

lema deste ano, destaca, “é unha homenaxe ao papel fundamental que cumpriron en situacións de conflito bélico e axuda a reflexionar e contemplar con outros ollos unha situación de sufrimento, pero tamén de xenerosidade e compromiso”.

Desde as bibliotecas escolares propomos que se visibilice a obra das escritoras galegas, ben a través dunha exposición, ben lendo fragmentos nunha maratón literaria ou mesmo nos clubs de lectura ou a través de actividades de investigación, exploración ou creación...

Animamos a toda a comunidade educativa a participar nesta actividade que visibilizaremos a través desta páxina e nas redes sociais. #bescolaresgal #bescolaresgalabertas #DíaDasEscritoras 


SELECCIÓN DE TEXTOS DE ESCRITORAS GALEGAS

FONTE: BIBLIOTECAS ESCOLARES

venres, 14 de outubro de 2022

CARAPUCHIÑA VERMELLA

Os nosos voluntarios de biblio durante o recreo de hoxe fixeron unha representación para todos os alumnos do cole, dada a gran acollida que tivo tiveron que facer catro pases coas suúas catro respectivas funcións. 

Foi todo un éxito!! Xa están argallando a próxima obra de teatro!! 

 






mércores, 5 de outubro de 2022

XOGOS COLABORATIVOS

 Durante os recreos os alumnos veñen xunta Biblispín a xogar ao principio eran poucos e agora está chea. 

É unha ledicia ver a biblioteca chea de lectores, risas e encontros. 







martes, 4 de outubro de 2022

ESCRIBIR A BIBLIOTECA ESCOLAR

ESCRIBIR A BIBLIOTECA ESCOLAR é o lema que a Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades propón ás Bibliotecas Escolares Galegas para este curso 2022/2023, quere poñer o foco en todas as formas de escrita que cuida e ofrece a biblioteca escolar. A escrita como medio de comunicación, expresión, creación, información e coñecemento.

A imaxe que interpreta este lema proposto para este curso é da calígrafa, deseñadora gráfica e mestra de talleres de caligrafía e lettering Belén L. Méndez coñecida como Nacu, que leva xa un tempo colaborando coas bibliotecas escolares en obradoiros.

A biblioteca escolar ofrece oportunidades e recursos para escribir e escribirnos:

-Escribir para saber, para aprender.

-Escribir para comunicar e comunicarnos.

-Escribir relatos, historias.

-Escribirnos, coñecernos a través da escrita: diarios, axendas,  biografía...

-Escribir xuntos en relatos colectivos, encadeados, libros viaxeiros, wikis…

-Escrita creativa: microrrelatos, haikus, collages, caligrafía…

-Escribir para deixar pegada e preservar a memoria individual e colectiva.

-Escribir para incluír e visibilizar.

-Traducir.

-Reescribir, versionar e adaptar.

-Escribir no audiovisual: guións, escaletas.

-Escribir para  estimular a creación.

Escribir para ser (lido), para que o lector e a lectora dea vida ao libro, ao escrito.

FONTE:BIBLIOTECAS ESCOLARES




luns, 3 de outubro de 2022

PRIMER RECREO POSTCOVID

 A nova normalidade voltou traer os xogos e a biblio aberta nos recreos, como se pode ver nestas imáxenes, que desfrutamos moito!!! 

Benvidos a todossss!!!