luns, 30 de setembro de 2013



HORARIO DA BIBLIOTECA
De LUNS a VENRES
de 17:00 a 18:00 (Agás os martes)

luns, 23 de setembro de 2013



Proxecto“kamishibai” 
.
O noso Centro utiliza dende fai varios anos o “kamishibai”. E un teatriño xaponés, que favorece a expresión oral a través da narración de contos cunha técnica específica. 
A utilización deste material propicia, á vez, a escritura e a expresión plástica, entre outras habilidades, esixindo ademais un traballo colaborativo entre grupos pequenos de alumnos e alumnas. 
Co fin de impulsar a súa utilización este curso escolar  2013/2014 contamos coa vosa colaboración para facer pequenas funciónsComeza a función!!

xoves, 12 de setembro de 2013

EN FESTAS!

Xa estamos de volta!! Comezada xa a actividade escolar (2.013/14), a biblioteca bota a andar coas primeiras actividades. Este ano o noso tema é maravilloso e moi suxerente:
EN FESTAS! 

luns, 9 de setembro de 2013


OLA a todos e todas. Xa estamos de volta  no cole.Comezamos un novo curso escolar cheo de sorpresas e novidades .

Os profesores/as poñemos todo a punto para que as clases empecen o día 11.
BENVIDOS!