venres, 29 de abril de 2022

SCAPE ROOM

 Como actividade do Día do Libro Biblispín organizounos un Scape Room onde cunha serie de pistas descobrimos a palabra secreta... 

Como premio Biblispín gardounos uns carnets cunha nova biblioteca dixital chamada ELBE.2. onde podemos sacar libros para ler na casa.

COMO DESFRUTAMOS!!!




















luns, 25 de abril de 2022

SCAPE ROOM

NORABOAAAAA  AQUÍ TES O QUE ESTABAS BUSCANDO: 



PLATAFORMA ELBE-2

Con motivo do día do libro queremos que poidades acceder nesta plataforma que nos facilitou a Asesoría de Bibliotecas Escolares. Chamada ELBE.2 ( ao clicar na imaxe os redirixe a páxina)

Nesta plataforma tendes unha serie de libros que podedes descargar para ir lendo nunha tableta ou no propio ordenador. 

Para acceder debedes entrar no apartado de IDENTIFICARSE e alí apareceravos isto: 

Para o cal tendes un carnet cun código de acceso: 

O voso usuario será onde pon: PEC0XXX

O contrasinal: Ese conxunto de letras maiúsculas e minusculas (que cambiaredes cando accedades por primeira vez)

Unha vez dentro tendes un monton de contos e libros.  

Aquí están os requisitos: 


Lembra darlle a vista previa para ver o contido do libro que queres ler e tes un máximo de libros para coller

DESFRUTADE DOS MOMENTOS LECTORES!!!


OLLO: OS PRÉSTSAMOS DEBERÁNSE FACER DENTRO DO HORARIO LECTIVO


sábado, 23 de abril de 2022

DÍA DO LIBRO

Achégase o Día Mundial do Libro e do Dereito de Autor, en acepción da UNESCO, e desde a Consellería de Cultura, Educación e Universidade  edítase o cartel para conmemorar este día 23 de abril de 2022.

Acudiuse, como en anos anteriores a unha persoa referente da literatura galega actual, neste caso o escritor, editor e tradutor, Xosé Ballesteros, quen creou un texto orixinal cedido xenerosamente para esta pequena peza de difusión do Día do Libro, centrándose  na parte menos visible do libro, esa marabillosa viaxe colectiva que inician autores/as e ilustradores/as, con parada en editoriais, imprentas, librarías, para atopar, finalmente,  porto seguro nas nosas bibliotecas escolares. 
 
  "Velaí o libro: unha faísca da memoria do mundo"


Neste mes, e todo o ano, non esquezamos que os libros chegan as nosas mans grazas a unha cadea de traballo colectivo que non debemos romper. Habitemos este espazo que creamos xuntos/as.


 

venres, 22 de abril de 2022

CHARLAS ENRIQUECEDORAS

Hoxe a biblioteca escolar deu a palabra a un funcionario da empresa tributaria que veu a explicarnos en que consiste esta Administración Pública.


“Que é e para que serve”,  así comezou a charla, que seguiría cas aduanas e os pagos dos impostos como o IVE, o cal a maioría dos nenos recoñece nas facturas habituais, como no ticket do supermercado. Despois de falarlles dos impostos que se abonan, para poder desfrutar dos servizos colectivos como a escola e a sanidade pública, rematou falando do fraude fiscal e do vandalismo nas cidades, o cal supón unha inversión a maiores de cartos. Este último, suscitou bastante interese nos rapaces.

                              

 



venres, 8 de abril de 2022

BOAS VACACIÓNS

 Biblispín e o equipo de biblio desexamosvós unhas boas vacacións de semana santa, onde teñades moitos momentos de ledicia e sobre todo moita lectura!! 



Cargade pilas para o próximo trimestre que ven cargadiño de novidades!!!  

TERESA PORTELA

 A biblioteca e Biblispín xunto co equipo de CONVIVE e o alumnado de 1º de Educación Primaria  déronlle a palabra a campiona olímpica: 

TERESA PORTELA

Por problemas da a súa axenda non puido vi a inaugurar a súa placa, non obstante o alumnado de 1º de Educación Primaria foi o encargado de destapala. 


O alumnado deste curso fixo un gran traballo de investigación sobre a súa figura como pirauguista. Polo que fixeron un vídeo contando como foi a súa traxectoria.












NORABOA AOS ALUMNOS DE 1º POLO GRAN TRABALLO FEITO!!! 

Podemos dicir que a Teresa Portela gustoulle moito xa que nos agasallou cun vídeo de agradecemento que podedes ver na páxina do cole!

xoves, 7 de abril de 2022

ROSA BARROS

 Gracias Rosa por transmitir ao noso alumnado  o entusiasmo e o esforzo polo deporte. 




sábado, 2 de abril de 2022