mércores, 21 de marzo de 2012

TEATRO INTERCENTROS

Hoxe fixemos a nosa representación "a clase de Ceboliño" no C.E.E. Saladino Cortizo. Á primeira hora recollimos a roupa que necesitamos para a actuación e o decorado. O autobús recolleunos ás dez menos cuarto e tras colocarnos e poñernos os cinturóns de seguridade, saímos ansiosos cara o Saladino Cortizo. A viaxe durou 20 minutos e unha vez alí recibíronnos con globos e carteis da nosa representación.
Sofía ensinounos o colexio e o salón de actos onde un pouco máis tarde actuaríamos. Vimos que ademais das aulas tamén teñen talleres de carpintería, peluquería, cociña, era impresionante.
A actuación saíunos fenomenal e ao final cantamos a canción "Pequenió é" para celebrar a chegada da primavera. Pensamos que lles gustou moito porque nos apolaudiron un montón.
Cando rematamos déronnos uns diplomas e unha axenda feita por eles, tamén nos deron un bizcoito riquísimo e zume de laranxa.
No recreo xogamos todos xuntos nun patio enorme que teñen.

Ás 12 despedímonos e voltamos para o Javier Sensat, dentro duns días viran eles e esperamos ser tan bos anfitrións como eles o foron.


luns, 19 de marzo de 2012

MAU E PIN

Foto del perfil 
 Hai uns días, Mau e Pin fixeron no colexio unha animación á lectura para presentar a colección "Polo correo do vento" 
Os protagonistas eran unha galiña, un galo e a carteira andoriña. 
Tratábase dun galo namorado e dunha galiña que un día se foi do curral. 
O galo envioulle unha carta a través da andoriña, a a carteira. Declaráronse o seu amor e nunca máis se separaron e tiveron moitos pollitos.                         

ASTERIX EN GALEGO

Outra das NOVIDADES na nosa Biblioteca Escolar é... os cómic de ASTERIX en galego e, esperamos telo pronto en inglés.
 

xoves, 15 de marzo de 2012

NOVIDADES NA BIBLIOTECA

LAURA GALLEGO é unha das mais significativas escritoras españolas que fai as ledicias do público infantil e xuvenil,capaz de transportarnos aos mundos fantásticos, crear universos de ciencia ficción cheos de maxia e frescura .Co seu gran poder de atracción na súa narrativa, engánchanos ata o final.

Recomendamos para  3º ciclo"Las crónicas de la torre" "Memorias de Idhún" e o seú último éxito
“DONDE LOS ÁRBOLES CANTAN”

martes, 13 de marzo de 2012

TEATRO INTERCENTROS

OS alumnos/as de 1º Curso de Primaria do noso cole que xa ten moitísimas tablas no teatro farán outra gran función coa obra:
 "CLASE DE CEBOLIÑO" 

luns, 12 de marzo de 2012

QUE LIBROS LLES GUSTAN...

Aínda que é importante ter en conta as peculiaridades de cada lector, propoñémosvos algunhas orientacións sobre os tipos de libros relacionados coas idades que só pretenden ser puntos de referencia á hora de elixir.

PARA NENOS/AS E BEBÉS DE 0 A 6 ANOS:
Libros ricos en imaxes e ilustracións, para que o neno visualice o que está a oír ou lendo. O material tamén debe ser variado.
Que teñan recursos para que a lectura non sexa aburrida.
Pódese empezar con libriños de 5 páxinas ata os de 30 páxinas.
Fábulas e contos de fadas sinxelos. 
PARA NENOS/AS DE 7 A 9 ANOS: 
Deben ser libros ricos en historias de aventura, de maxia, de misterios. 
A ilustración aínda atrae ao neno con estas idades. 
Libros que responden con sinxeleza aos seus porqués.
Xa poden ler libros con máis texto, e que falen de situacións e personaxes máis complexos. 
 PARA NENOS/AS DE 10 A 12ANOS: 
Poden ser libros con máis de 100 páxinas.
As ilustracións empezan a desaparecer permitindo espazo para a imaxinación do neno.
Historias da vida real: familia, escola, conflitos persoais e de grupo. Relatos humorísticos, libros de poemas...

mércores, 7 de marzo de 2012

SEMANA DA PRENSA

A semana do 12 ó 16 de marzo imos celebrar a SEMANA DA PRENSA coa creación do noso propio xornal do CEIP "JAVIER SENSAT".Cada curso elaborará a súa noticia.
XA SOMOS REPORTEIROS!!

martes, 6 de marzo de 2012

MIRO MAGARIÑOS



O martes día 6 tivemos a sorte de contar coa compañia de Miro Magariños e a aplaudida representación teatral: MERLOS

luns, 5 de marzo de 2012

DON BOMBÍN

.
Os alumnos/as de segundo comezaron a elaboración dun conto titulado "Don Bombín"en colaboración con CECILIO MÚÑOZ ABELÁ, escritor, residente en Alcabre, para nós é o pai de Roi.