mércores, 21 de marzo de 2012

TEATRO INTERCENTROS

Hoxe fixemos a nosa representación "a clase de Ceboliño" no C.E.E. Saladino Cortizo. Á primeira hora recollimos a roupa que necesitamos para a actuación e o decorado. O autobús recolleunos ás dez menos cuarto e tras colocarnos e poñernos os cinturóns de seguridade, saímos ansiosos cara o Saladino Cortizo. A viaxe durou 20 minutos e unha vez alí recibíronnos con globos e carteis da nosa representación.
Sofía ensinounos o colexio e o salón de actos onde un pouco máis tarde actuaríamos. Vimos que ademais das aulas tamén teñen talleres de carpintería, peluquería, cociña, era impresionante.
A actuación saíunos fenomenal e ao final cantamos a canción "Pequenió é" para celebrar a chegada da primavera. Pensamos que lles gustou moito porque nos apolaudiron un montón.
Cando rematamos déronnos uns diplomas e unha axenda feita por eles, tamén nos deron un bizcoito riquísimo e zume de laranxa.
No recreo xogamos todos xuntos nun patio enorme que teñen.

Ás 12 despedímonos e voltamos para o Javier Sensat, dentro duns días viran eles e esperamos ser tan bos anfitrións como eles o foron.