luns, 12 de marzo de 2012

QUE LIBROS LLES GUSTAN...

Aínda que é importante ter en conta as peculiaridades de cada lector, propoñémosvos algunhas orientacións sobre os tipos de libros relacionados coas idades que só pretenden ser puntos de referencia á hora de elixir.

PARA NENOS/AS E BEBÉS DE 0 A 6 ANOS:
Libros ricos en imaxes e ilustracións, para que o neno visualice o que está a oír ou lendo. O material tamén debe ser variado.
Que teñan recursos para que a lectura non sexa aburrida.
Pódese empezar con libriños de 5 páxinas ata os de 30 páxinas.
Fábulas e contos de fadas sinxelos. 
PARA NENOS/AS DE 7 A 9 ANOS: 
Deben ser libros ricos en historias de aventura, de maxia, de misterios. 
A ilustración aínda atrae ao neno con estas idades. 
Libros que responden con sinxeleza aos seus porqués.
Xa poden ler libros con máis texto, e que falen de situacións e personaxes máis complexos. 
 PARA NENOS/AS DE 10 A 12ANOS: 
Poden ser libros con máis de 100 páxinas.
As ilustracións empezan a desaparecer permitindo espazo para a imaxinación do neno.
Historias da vida real: familia, escola, conflitos persoais e de grupo. Relatos humorísticos, libros de poemas...