luns, 19 de marzo de 2012

MAU E PIN

Foto del perfil 
 Hai uns días, Mau e Pin fixeron no colexio unha animación á lectura para presentar a colección "Polo correo do vento" 
Os protagonistas eran unha galiña, un galo e a carteira andoriña. 
Tratábase dun galo namorado e dunha galiña que un día se foi do curral. 
O galo envioulle unha carta a través da andoriña, a a carteira. Declaráronse o seu amor e nunca máis se separaron e tiveron moitos pollitos.