xoves, 16 de decembro de 2021

SUSANA RODRÍGUEZ

 A biblioteca e Biblispín xunto co equipo de CONVIVE déronlle a palabra a campiona paralímpica: 

SUSANA RODRÍGUEZ GACIO 

Tivemos a gran sorte de que Susana viñera a inaugurar a súa pista, isto esta englobado no contrato programa CONVIVE no que as diferentes pistas do colexio levan o nome de deportistas galegas femininas. 

Primeiro tivemos unha charla para os alumnos de 4º, 5º e 6º explicándonos que é o albinismo, como son os seu adestramentos diarios para conseguer os seus obxectivos e tivemos a gran sorte de que nos trouxo a súa medalla de ouro. 

                          

A continuación na Pista sur do colexio inagurou a súa placa que agora chámase: 

 Pista Susana Rodríguez

Por útlimo pasou polas clases dos máis pequenos para ensinarlles a súa medalla olímpica. 


Antes de marchar asinounos o libro de visitas da nósa biblioteca deixándonos unha agarimosa adicatoria


Destacar que esta visita non sería posible sen a axuda da nósa profe Rosa, que coñece moi ben a Susana e invitouna a vir o cal agradecémoslle moito. 

Grazas Susana pola túa visita e as túas ensinanzas foi un auténtico placer. 

venres, 10 de decembro de 2021

O MONTE É VIDA

 Hoxe Biblispín e a biblioteca xunto co contrato programa EDU SOSTENIBILIDADE deron a palabra a ... 

RICARDO AXENTE MEEDIOAMBIENTAL

Ensinounos moitas cousas entre outras as maravillas que a natureza nos da como son rochas en forma de seta, de monxe, de mono, de cocodrilo, de moucho...

Visualizaron incendios que hai constantemente en Galicia (sobre todo no verán), e quedaron impactados.


Ao rematar a charla non se esqueceu da biblioteca e deixounos para consultar dous libros titulados:


"O PASTOR DAS LANDRAS", que conta a historia dun pastor que tras unha guerra decidiu sementar o monte.






xoves, 9 de decembro de 2021

ESTAMOS INQUEDOS PERO LISTOS

 A nósa biblioteca esta lista para a chegada do: 

NADAL!!!! 

Velaqui algúns libros para comenzar a festexar lendo:




venres, 3 de decembro de 2021

3 DE DECEMBRO DIA DAS PERSOAS CON DISCAPACIDADES

 Hoxe celebramos o día das persoas con discapacidade, Biblispín xunto co Departamento de Orientación quixemos conmemorar este día, cunha selección de contos e un gran mural con frases para que sabaimos que este día non é o día das discapacidades senon que é o día das capacidades. 

Debemos lembrar: 

A dis-capacidade é a capacidade de ser extremadamente capaz!








martes, 30 de novembro de 2021

ACTIVIDADE DO MES DA CIENCIA EN GALEGO

Con motivo do mes da ciencia en galego e aproveitando o acontecemento do volcán da Palma os nenos investigaron como é un volcan, como erupciona e como e por dentro a través da aplicación en 3D Kieber.







Desfrutamos e aprendemos moito sobre os volcáns!!!!


xoves, 25 de novembro de 2021

COÑECEMOS CONMEMORACIÓNS A TRAVÉS DE CONTOS

Biblispín, a nosa mascota da biblioteca quixo dicir ben alto e claro que o noso cole rexeita todo tipo de violencia que se poida producir. Polo que xunto co equipo de CONVIVE fixemos unha manifestación berrando moi alto: 

 VIOLENCIA NON!!! ou DANIELA PIRATA CAPITANA DO BARCO DE ORELLA CORTADA!!!

Queremos destacar o seguinte fragmento que temos no blogue de bibliotecas escolares: 

O #25N non é unha celebración, é unha data a borrar do noso calendario e imaxinario, pero até entón queda moito por facer, moitos muros por derrubar, non podemos, nin debemos, permitir un paso atrás. 








 

venres, 12 de novembro de 2021

NOVA AVENTURA NA BIBLIO

 Neste curso o alumnado de 6º A e 6ºB serán os primeiros en levar as novas mochilas lectoras. Biblispín preparaou con moito agarimo e espera que vos guste moito. 

Bicos picóns 





xoves, 11 de novembro de 2021

MAGOSTO

 Magosto tempo de castañas asadas e viño co mel e dende o equipo de dinamización da lingua galega propuxéronnos facer unhas mándalas, velaiqui os resultados: 





venres, 5 de novembro de 2021

PREMIOS DESEÑA A TÚA BIBLIO

 Hoxe tivo lugar a entrega de premios os gañadores do concurso "Deseña a túa biblio". Elixir a estes gañadores foi unha decisión moi difícil polo gran nivel dos concursantes. 

Noraboa a tod@s!!!! Podedes ver o nome dos gañadores na páxina web do cole!





martes, 2 de novembro de 2021

SAMAÍN/ HALLOWEEN

 Nestas datas celebrase a festa do Samaín e Halloween e dende o Equipo de plurilingüismo propuxeron a decoración das portas das aulas e a nosa biblioteca non ia ser menos, polo que aquí o resultado, que vos parece?




luns, 1 de novembro de 2021

A NOSA BIBLIO PREPÁRASE PARA O MES DA CIENCIA

 A nosa biblioteca decorouse enteira con libros e demáis elementos para engalonar un mes tan importante. Que queremos resaltar cunha cita do científico:

Galileo Galilei que di: "En cuestións de ciencia, a autoridade de miles non vale o humilde razoamento dun simple individuo"

DESFRUTADE DA CIENCIA TANTO COMA MIN!!! 













MES DA CIENCIA EN GALEGO



 

MES DA CIENCIA

Mes de novembro, mes da ciencia, mes de moitas sorpresas por parte de biblispín. 

Estamos inquedos!!! 




E temos a sorte de que esta viaxe (a científica) se poida facer dende as bibliotecas, que non só acollen libros e outros materiais, senón que tamén acollen descubrimentos e camiños de aprendizaxe, cos éxitos e tamén os fracasos da ciencia e da tecnoloxía, porque cometer erros tamén é aprender. 

Amparo Alonso Betanzos

mércores, 27 de outubro de 2021

SAMAÍN NA BIBLIO

 Durante esta semana celebramos Samaín e Biblispín fíxonos unha selección de libros terroríficos para que leeremos durante estos días. 



martes, 26 de outubro de 2021

luns, 25 de outubro de 2021

INAGURACIÓN BIBLIOTECA

 Onte foi un día moi especial no noso cole inaguramos a nosa biblio, durante moitos meses o equipo estivo preparando con moito agarimo os novos espazos, distribuir libros e facer moitos cambios. 

A nosa biblioteca estaba así o curso pasado: 




Agora despois de moito traballo luce de esta forma: 




TIVO MOI BOA ACOLLIDA E AO ALUMNADO GUSTOLLE MOITO, ESPERAMOS TER GRANDES MOMENTOS DE LEDICIA E DIVERSIÓN NELA!!! 


BENVIDOS A TOD@S

domingo, 24 de outubro de 2021

DÍA DAS BIBLIOTECAS ESCOLARES

 Hoxe celebramos o día das Bibliotecas Escolares. Este é un día moi especial para a nosa biblioteca, xa que mañán os nenos atoparán moitas novidades que lles van sorprender. 

Así que hoxe é un bo día para ler é como dixo Miguel de Cervantes: "O que le moito e anda moito, ve moito e sabe moito". 

Feliz día!!!!!!!!! 







venres, 22 de outubro de 2021

ALGO APARECEU NA BIBLIO

 Isto apareceu hoxe na nosa biblio, porque eses títulos dos libros? Por qué credes que están ahí? 




luns, 18 de outubro de 2021

DÍA DAS ESCRITORAS

O Día das Escritoras é unha iniciativa promovida pola Biblioteca Nacional de España en colaboración coa  Federación Española de Mujeres Directivas, Ejecutivas, Profesionales y Empresarias (FEDEPE) e coa Asociación Clásicas y Modernas.

 Desde 2016 búscase reivindicar o labor e o legado das escritoras a través da historia.


Na nosa biblioteca queremos destacar a escritora Ana Meilán que durante este curso estamos a traballar moitos libros dela.







xoves, 9 de setembro de 2021

BIBLIOTECAS ESCOLARES DE GALICIA

 Dende a páxina de bibliotecas escolares propoñennos o seguinte lema para o curso 2021-2022. 

Qué vos suxire? 




mércores, 8 de setembro de 2021

50 ANOS AO CARÓN DO MAR

Neste curso traballaremos a temática do mar conmemorando o noso 50 aniversario co lema: 

      "50 anos ensinando ao carón do mar"

Cada aula decorou unha letra do cartel de "benvidos" con elementos mariños.

O cole pasou a ter redes polos teitos, nasas, aros salvavidas e chalecos que adentran ao alumnado no tema.

O longo do curso levaranse a cabo diferentes traballos e proxectos seguindo esta líña.




mércores, 1 de setembro de 2021

COMEZAMOS UN NOVO CURSO!


Ola a tod@s,  estamos de volta un curso máis que nos vai a traer grandes novidades que nos sorprenderá. A primera xa o sabedes e é que noso cole forma parte do PLAMBE, as demáis chegarán paseniñamente. 

Este ano celebramos un acontecemento moi especial para o noso cole... Sabedes de que se trata? 

Esta foto será unha boa pista. 





BENVIDOS A ESTE NOVO CURSO 2021/2022!!

luns, 5 de xullo de 2021

NOVIDADES VERANIEGAS

Ola a tod@s dende o Equipo de Biblioteca do CEIP Javier Sensat queremosvos anunciar: 

no CURSO 2021/2022 o noso CENTRO COMEZARÁ A FORMAR PARTE Do PLAN DE MEllORA DE BIBLIOTECAS ESCOLARES (PLAMBE)

Queremos dar as grazas a todo o profesorado e alumnado do centro. Este curso haberá moitos cambios e novidades, pero o máis importante será mellorar a nosa competencia lectora, e descubrir o pracer de ler. 

Acordadevós sempre que como di Miguel Unamuno: "Cuanto menos se lee, más daño hace lo que se lee"