mércores, 8 de setembro de 2021

50 ANOS AO CARÓN DO MAR

Neste curso traballaremos a temática do mar conmemorando o noso 50 aniversario co lema: 

      "50 anos ensinando ao carón do mar"

Cada aula decorou unha letra do cartel de "benvidos" con elementos mariños.

O cole pasou a ter redes polos teitos, nasas, aros salvavidas e chalecos que adentran ao alumnado no tema.

O longo do curso levaranse a cabo diferentes traballos e proxectos seguindo esta líña.