martes, 27 de xuño de 2023

PECHAMOS O CURSO

 Despois dun curso de moitos cambios, toca dicir ata o curso que ven!! 

Esperemos que vos pasará como a todo o equipo de biblio e mestres do cole, que foi un curso de moitas sorpresas, momentos de lectura, encontros,  cambios, espazos novos...

O ano que ven virá cargado de moitos máis momentos coma estes que vivimos e que nos servirán para seguir crecendo. 

Queremos dar as grazas ao profes que nos acompañaron este ano: Vicky, Marta, Raúl, Ángela e Leticia. Moita sorte nos vosos novos destinos. 

Lembrade neste verán ler moito xa que a Lectura é a ventá ao mundo que nos queiramos imaxinar!!! 

BO VERÁN!!!