xoves, 1 de xuño de 2023

50 ANOS: XOVES 1 DE XUÑO MESTRES XUBILADOS

 Como di o texto que os alumnos de 6º leron "A eses mestres da EXB que día a día vanse xubilando", hoxe recibimos a visita de antigos mestres e compañeiros. 

Estiveron dous dos primeiros mestres que comezaron no cole o seu primer ano en 1971, Dona Mari e Don Miguel segundo director do centro. 

Dona Rosa Calvo primeira mestra de P.T (antes mestra de integración), Dona Marisa Ogando percursora dos entroidos do noso coles e Dona Eugenia Lores redactora e creadora da revista O Castañal. 

Don Jesús Núñez terceiro director do cole e o impulsor do derribo do cole vello por unhas grandes deficiencias. 

Tamén mestres que xubiláronse recentemente como Dona Pitu Braña, Don Manuel Cid, Dona Fina Fernández e Dona Rosa Vila. 

O noso agradecemento pola gran pegada que deixachedes no noso cole e o gran día que tivemos con vos.