Hoxe que celebrase o día das Bibliotecas Escolares, queremos agradecer a visita do Conselleiro Román Rodríguez, Judith Fernández (Xefa de Innovación Educativa), César Pérez (Director territorial), Pedro Areal (Inspector do centro) e Isabel Nuevo (Asesoría de Bibliotecas).
Con isto como centro e Equipo de Biblioteca queremos agradecer esta visita como un recoñecemento a gran labor e traballo que como centro faise en prol da biblioteca.
Pero os protagonistas deste día foron os nenos e nenas de 6º que fixeron unha representación espectacular do libro"Corre, corre, cabaciña"
Estas actividades fanse sobre todo por e para os nosos alumnos e as familias, sen eles non seríamos capaces de facelo.
Agradecemos tamen os agasallos de libros que nos trouxeron, Biblispín está moi contento con eles.
Moitas grazas a todos os alumnos e os mestres do cole!!
.jpg)
