sábado, 3 de maio de 2025

CELEBRAMOS OS MAIOS

 Coa chegada do mes de Maio o mércores dende o cole e en relación co PDI do centro levamos a cabo un maio. 

Os alumnos de Infantil, 1º e 2º foron cos seus pais ao monte a buscar xestas, fiunchos, flores, para poder levar a cabo o maio. 

O resultado foi espectacular e para rematar cantamos unha canción de Rosalía para animar mentres facemos o maio. 


VIVAN OS MAIOS!!!