mércores, 11 de xuño de 2025

PROTOTIPO INTELIXENTE DE DATOS AMBIENTAIS

 O alumnado de 2º de E.P realizou un proxecto de medición de temperatura integrando a robótica e as matemáticas para desenvolver un prototipo intelixente capaz de tomar datos ambientais.



martes, 10 de xuño de 2025

MATEMÁTICAS NO DÍA A DÍA

 Proxecto de achegamento as matemáticas na etapa de Educación Infantil.



luns, 9 de xuño de 2025

XOGOS MATEMÁTICOS

 Traballo competencial da matemáticas a través de diferentes xogos nas aulas e na biblioteca do centro.

 


domingo, 8 de xuño de 2025

PERCORRENDO ALCABRE

 Proxecto de matemáticas do alumnado de 2º de Educación Primaria integrando o robot Photon desenvolvemos unha cidade intelixente con elementos interactivos.



sábado, 7 de xuño de 2025

HUMIDADE COA MICROBIT

O alumnado de 2º de Educación Primaria mediu a humidade da terra do horto empregando as placas Microbit.

 


venres, 6 de xuño de 2025

PDI: SENTES GALICIA

 Dentro do noso PDI de centro Sentes Galicia, o alumnado de 2ºA fixo un concurso con todos os nenos do cole chamado "Coñeces as nosas verbas?


E ti as coñeces?

xoves, 5 de xuño de 2025

TEATRO REI LEÓN E DANIELA PIRATA

 Quinto e sexto participaron na XV edición das Xornadas Municipais de Teatro escolar organizado polo Concello de Vigo a través da Escola Municipal de Teatro.

Non se pode escribir as dúas marabillas que levaron a cabo o alumnado de 5º e 6º, polo que vos deixamos estos vídeos que o explican perfectamente!

Noraboa aos nenos e a mestra Susana, o mestre Manu, a mestra Rebeca, a mestra Noe e a nosa auxiliar de conversa Julia polo voso traballo e esforzo. 





mércores, 4 de xuño de 2025

XARDÍN MATEMÁTICO

 Traballamos no horto analizando a súa área e o perimetro para saber cantas leitugas podemos sementar.


martes, 3 de xuño de 2025

VIDEOMAPING

 O alumnado de 2º de Educación Primaria desde a área de matemáticas realizou un traballo competencial de analise de datos da contorna de Alcabre empregando a cortadora láser de Polos Creativos tendo como produto final un videomaping.



luns, 2 de xuño de 2025

TEATRO MIGALLAS

 Grazas Migallas pola tarde tan marabillosa que nos fixeches pasar!! 












luns, 19 de maio de 2025

IV CONCURSO DE RELATO

 Como todos os anos o EDLG xunto coa biblioteca fixo o seu concurso de relato curto en Galego este ano tivo moita participación como pódese ver nas fotos. 

O ano que ven máis. Boas lecturas e escrituras!!!

venres, 16 de maio de 2025

FESTIVAL DAS LETRAS GALEGAS

 Como todos os anos o noso cole engalanouse para levar a cabo o xa tradicional festival das letras galegas no salón de actos. 

Fixemos unhas pandereitas na impresora 3D de homenaxe. 

Foi un día de moita lingua. 

luns, 5 de maio de 2025

TEATRO MIGALLAS

  Adíouse o Teatro Migallas para o luns 2 de xuño, por mor do apagamento do 28 de abril de 2025. 


Esperamos contar con vos. 
NON FALTEDES!!!

sábado, 3 de maio de 2025

CELEBRAMOS OS MAIOS

 Coa chegada do mes de Maio o mércores dende o cole e en relación co PDI do centro levamos a cabo un maio. 

Os alumnos de Infantil, 1º e 2º foron cos seus pais ao monte a buscar xestas, fiunchos, flores, para poder levar a cabo o maio. 

O resultado foi espectacular e para rematar cantamos unha canción de Rosalía para animar mentres facemos o maio. 


VIVAN OS MAIOS!!!


venres, 2 de maio de 2025

ESCOLMA DE CONTOS DÍA DO ACOSO





 

2 DE MAIO DÍA DO ACOSO ESCOLAR

 Hoxe celebrase o día contra o acoso escolar, se clicades na imaxe de abaixo veredes un video resumo do sentimento dunha victima de acoso para poñernos no seu lugar! 





POR UN MUNDO SEN PREXUICIOS!!! 

STOP ACOSO!!!! 


xoves, 1 de maio de 2025

EXPOSITOR E ESCOLMA DE LIBROS

 Polas Letras Galegas o noso expositor temático da biblio encheuse de libros sobre diferentes autores galegas e galegos. 

Por outro lado fixemos unha escolma de libros para leer durante as letras. 








Boas letras e lecturas!!! 

xoves, 24 de abril de 2025

mércores, 23 de abril de 2025

O LIBRO FAVORITO DO MEU MESTRE

Vendo estas portadas destes libros, sodes quen de adiviñar que profe escolleu cadanseu?


 Animádevos a adiviñar!

xoves, 10 de abril de 2025

PREMIOS TORNEO FANTASMA BLITZ

 

Noraboa aos gañadores!!!!!!

luns, 7 de abril de 2025

1º TORNEO FANTASMA BLITZ

 Durante estas últimas semanas nos recreos da biblio tiveron lugar o 1º Torneo de Fantasma Blitz. 






Menudo exito tivo, non había nin un oco para poder velo! 



venres, 4 de abril de 2025

HEALTHY VAN

 O alumnado de 2º de F.P básica de cociña e restauración do CIFP Manuel Antonio viñeron ao cole acompañados por un pai dun dos alumn@do centro a realizar un obradoiro de alimentación saudable.






mércores, 2 de abril de 2025

martes, 25 de marzo de 2025

VISITA IRENE ALONSO GASALLA

 Hoxe o alumnado de tercero e cuarto tiveron a visita da autora Irene Alonso Gasalla, do libro que o alumnado estivo leendo durante este trimestre. 


Moitas grazas pola tua visita!!! 

luns, 24 de marzo de 2025

VISITA DE DAMIÁN ALONSO

 Un taller de dobraxe ver como son as voces dos persoaxes e ser capaces de facelo foi o que fixeron o alumnado de 5º e 6º con Damián Alonso durante estos dous días. 

Canto aprendemos, canto fixemos e sobre todo que ben o pasamos.


Grazas Damián polo teu tempo e adicación!!!

CONTACONTOS COA PROFE BELÉN

 Hoxe pola tarde tivo lugar un contacontos coa profe Belén que contounos o conto A que sabe a lúa, os nenos estiveron moi atentos co conto. 

MOITAS GRAZA PROFE!!!

domingo, 23 de marzo de 2025

luns, 17 de marzo de 2025

TEATRO MIGALLAS

 Lembramos que o 28 de abril terá lugar no cole unha sesión do teatro Migallas. 


Non faltedes!!!

venres, 14 de marzo de 2025

SEMANA DA PRENSA NO SENSAT

 Dende o cole para conmemorar a semana da prensa fixemos diferentes expositores traballando a prensa sobre todo o periódico o Castañal que a noso xornal escolar.

 Fixemos unha homenaxe a súa creadora Dona María Eugenia Lores Silva que coñecimos nos 50 anos. 


















POR MÁIS ANOS DE PRENSA!!!!

xoves, 13 de marzo de 2025

8-M NO SENSAT

Hoxe conmemoramos e recoñecemos a loita de todas elas (e todas nós) no Día Internacional da Muller. 


Un photocall recordando a Frida Kahlo, Cantares Galegos de Rosalía de Castro cantado polas nosas nenas e nenos mentres suxeitan globos morados, pins cun puño alzado en morado feitos pola nosa impresora 3D e unhas palabras por parte das nenas e nenos de sexto para toda a comunidade educativa. 














Lembrando que queremos a  igualdade e a liberdade. 



xoves, 6 de marzo de 2025

xoves, 20 de febreiro de 2025

VISITA DE PAULA MERLAN

 O pasado venres a escritora Paula Merlan escritora do conto "Uxía e o mar" veu a contarnos como foi a creación do seu libro a maiores fíxonos un contacontos do mesmo. Os nenos fixeronlle uns agasallos para recibila. 



Os nenos estiveron moi atentos as súas explicacións así como a narración do conto. 


Ao remate da sesión firmoulles os libros, foi un encontro xenial


Moitas grazas Paula!!

martes, 18 de febreiro de 2025

xoves, 13 de febreiro de 2025

A PRINCESA DO COUREL

 Os nenos e nenas de 2ºA fixeron un conto de sombras coa mesa de luz e as persoaxes na cortadora láser. 

O conto chámase a "A princesa do Caurel" que representaron os demáis cursos. 

Eles foron os que crearon os diferentes protagonistas do conto. 


Foi espectacular!!!!!!


martes, 11 de febreiro de 2025

NENA E A CIENCIA

 Polo día da nena e a ciencia dende o cole fixemos diferentes expositores científicos con mulleres como protagonistas. 

Así mesmo os alumnos de 5º e 6º tiveron diferentes charlas dende Faro da Escola sobre mulleres científicas. 


A ciencia mola!!!!

luns, 10 de febreiro de 2025

RECREOS DE KORBO

 Seguimos construindo co Korbo!! 

Cantas cousas máis podemos facer traballando e investigando con el. 

luns, 3 de febreiro de 2025

CREATIVA POLA PAZ

 Durante os recreo estivemos facendo diferentes pombas luminosas para loitar.


 Por un mundo en paz! 


xoves, 30 de xaneiro de 2025

DÍA DA PAZ 2025

 Hoxe conmemoramos o día da paz no patio facendo un mural e poñendo diferentes mans creando un mundo en paz!! 

Pero Biblispín xunto coa titora de 2ºB e o EACE estiveron facendo diferentes cousiñas xuntando polos creativos xunto biblioteca e sairon uhas pombas con luz e unhas pulseiras e colgantes para que todos luciramos no momento do acto.

Esto foi o premio por estes días os nenos leron moitos libros sobre a paz que temos no expositor do último piso. 

Por un mundo en paz!!