xoves, 22 de decembro de 2022

ACTUACIÓNS DE NADAL

Antes da festa de fin de ano os alumnos de 6º coa profe Rebeca interpretaron unha panxoliña con diferentes instrumentos de vento e percusión. 

Os alumnos de 5º fixeron un baile en Hip - Hop que practicaron durante as horas de E.F co profe Miguel xunto con Deporte Escolar. 

Para rematar antes de dar comezo as badaladas todos os alumnos do colexio interpretaron en Inglés unha panxoliña dirixida pola profe Nuria. 

Que ben o pasamos e canto cantamos.