xoves, 23 de xuño de 2022

PECHAMOS O CURSO

 Despois dun curso de moitos cambios, toca dicir ata o curso que ven!! Esperemos que vos pasará como a todo o equipo de biblio e mestres do cole, que foi un curso de moitas sorpresas, zonas novas e outras formas de ver a nosa biblio. 

O ano que ven virá cargado de moitos máis momentos coma estes que vivimos e que nos servirán para seguir crecendo. 

Queremos dar as grazas ao profes que nos acompañaron este ano: Laura, Raúl, Rosi, María, Joana, Sonia, Mili, Sofia, Sabela, Lorena, Miguel, Chelo e Andrea. Moita sorte nos vosos novos destinos e esta será sempre a vosa biblioteca. 

Lembrade neste verán ler moito xa que a Lectura é a ventá ao mundo que nos queiramos imaxinar!!! 

BO VERÁN!!!