xoves, 3 de febreiro de 2022

MARÍA P. ARAÚJO

 Hoxe a biblioteca escolar eo equipo de CONVIVE-Tderona palabra a María P. Araújo, pero a súa axenda profesional non lle permitiu vir ao cole a destapar a súa chapa na pista do colexio. 


Na súa representación viñeron compañeiras súas de baloncesto entre as que está a nosa compañeira e mestra de ARCO Sabela, fixéronnos unha demostración de baloncesto para todos os membros da Comunidade Educativa. 



Queremos agradecer a nosa compi Sabela a súa achega xunto coas súas compañeiras ao mundo do baloncesto!! 
Moitas grazas polas vosas achegas e aprendizaxes!!!!