viernes, 20 de noviembre de 2015

Día Internacional dos Dereitos dos Nenos e das Nenas.

O 20 de Novembro é o Día Internacional dos Dereitos dos Nenos e das Nenas. No ano 1989 aprobouse na ONU a Convención dos dereitos dos nenos e das nenas sendo ratificada por 195 países.


Este 20 de Novembro de 2015 organizado pola Asociación ARELA , celebrouse este día cos nenos e nenas para que coñezan os dereitos dos que son obxecto e disfruten do día como é merecido. Polo que realizarase un Acto no CEIP Javier Sensat ( Alcabre) en Vigo no que destaca a solta de globos que se realizará no fin da celebración (13:00h), tras presentarlles os dereitos ós nenos dun xeito interactivo e audiovisual dos BOLECHAS.


Este acto xirará entorno do dereito á IGUALDADE, á INTEGRACIÓN e a VIVIR EN FAMILIA, entre outros dereitos e tamén preténderase sensilibilizar e concienciar á poboación en xeral sobre a necesidade do cumprimento dos nenos e nenas e a corresponsabilidade de todo cidadán para que ese soño se faga realidade.

Acompañaranos neste Acto o Conselleiro de Política Social, D. Jose Manuel Rey Varela; a Directora Xeral de Familia, Infancia e Dinamización Demográfica, Dña. Amparo González; ademáis dos Xefes Territoriais e o Inspector de educación do CEIP Javier Sensat.

No hay comentarios:

Publicar un comentario