domingo, 26 de abril de 2015

DIA DO LIBRO

Día do Libro (tamén denominado Día Internacional do Libro e Día Mundial do libro) é un acontecemento anual que se celebra o 23 de abril. A festa celebrouse por primeira en  1995UNESCO)  coa idea de fomentar a lectura, a edición e publicacións impresas e os dereitos de autor.

En España a xornada comezouse a celebrar oficialmente o 7 de outubro de 1926, en conmemoración do nacemento de Miguel de Cervantes Saavedra

DÍA DO LIBRO NO JAVIER SENSAT 
No JAVIER SENSAT celebramos este día coa actividade" PADRIÑOS E MADRIÑAS".

Os alumnos/as maiores do Centro apadriñaron os pequenos lendo un conto elixindo libremente aquel lugar máis apetecible do exterior do cole disfrutaron dunha agradable e agarimosa experiencia na que se compartiron lecturas, agasallos,debuxos...

O resultado foi moi positivotanto por parte dos padriños/as ,afillados/as e por suposto para os mestres/as. .
Despois no salón de actos celebramos o aniversario do insigne fidalgo “Jesús el Sensato” adaptación do “QUIJOTE DE LA Mancha” e magnificamente expresado por os alumnos/as de 3º de Primaria  dedicado a noso querido director.

E como fin de festa un emotivo power point realizados por todos/as nenos/as do cole expresaba os nosos sentimentos o longo dunha longa etapa todos xuntos.



No hay comentarios:

Publicar un comentario