jueves, 7 de noviembre de 2013

Magosto 13/14 No CEIP "JAVIER SENSAT"

MARTES día 12 de Novembro

A palabra Magosto, ademais doutros significados,designa unha celebración festiva e popular, tradicional de toda Galicia, organizada en torno á recollida das castañas. Aprovéitase tamén para probar o primeiro viñonovo.
O magosto realizábase o 1º de novembro, día de Tódolos Santos, se ben en Ourense, por maduraren máis tarde as castañas, atrasouse ata o día 11, san Martiño. Na actualidade celébrase en calquera data comprendida entre a segunda quincena de outubro e a primeira de novembro, converténdose na festa do outono por excelencia, e incorpóranse diversos alimentos, coma chourizos e outros produtos elaborados nas matanzas do porco coincidentes con estas datas.
O magosto celebrábase tradicionalmente nun claro do mesmo souto, comezando a primeira hora da tarde coa recollida de leña e castañas. Facíase unha ou varias fogueiras con paus e frouma para conseguir brasas dabondo para asar as castañas; outras veces era na eira ou nun rueiro amplo, cos vellos na cociña da casa e os mozos na rúa. Era costume que as mozas trouxeran as castañas e os mozos o viño; noutros casos os mozos achegaban todo e as mozas ían convidadas. Aínda que había que picar (ousinalar) as castañas antes de botalas nas brasas, non faltaba quen botaba algunha enteira, para que estoupase na cara de quen as andaba a remexer, cousa que os participantes celebraban lanzando aturuxos. Por fin, no remate da festa, os máis rapaces xogaban a tisnarse coas mans cheas de feluxe mentres que mozos e adultos cantaban e bailaban, nalgúns casos saltando sobre os restos da fogueira.
Refráns
·         As castañas do castiñeiro hainas que asar no asadeiro.
·         Castañas, noces e viño fan a ledicia de san Martiño.
·         Fíate nas castañas asadas, que se estoupan sairanche á cara.
·         Por san Martiño faise o magosto con castañas asadas e mosto.
·         Se o mes de agosto vén claro, bo magosto e bo nabo; se vén nubrado, poucas castañas e nabos furados.

O magosto na literatura de autor

·         Francisco Añón Paz: "O magosto"
·         Xesús Ferro Couselo (1967): O Magosto do Señor San Martiño
·         Florentino Cuevillas: "O outono en Galicia", en Prosas galegas, Galaxia, Vigo 1982:

No hay comentarios:

Publicar un comentario