mércores, 2 de outubro de 2013

DIA DA BIBLIOTECA

DÍA DAS BIBLIOTECAS: 24 de Outubro.   
  
 Este curso 2.013/14  o tema núcleo será “EN FESTAS!”.
Coñeceremos así as festas e tradicións mais representativas  da nosa terra dende a “Brincadeira” en Bouzas que é unha festa do Medievo ata “A festa Viquinga” de Catoira e moitísimas mais.
Para comezar este tema a PRIMEIRA FESTA será A da BIBLIOTECA .
Queremos facer, para celebrar este día, unha Exposición
co tema QUERO SER ESCRITOR/A,así deseñaremos a portada e o título do libro que gustaríanos escribir, quen sabe!!! Alguén pode animarse!!! Contamos coa colaboración de tod@s as familias,Sabemos que a vosa creatividade e imaxinación e impresionante,
xa o vimos noutas ocasións.